Saltar navegación

ACTIVIDADE 7 LOGO. PROCEDEMENTOS CON VARIABLES

Na actividade anterior aprendemos a facer procedementos.

Agora o que aprenderemos é incluír variables dentro dun procedemento para poder facer un programa xeral que nos sirva para facer distintos debuxos.

  • ¿Entón que debo facer? Debo declarar a variable ou variables que vaia a empregar.
  • ¿Cal é a estrutura do programa? Hai que incluír a variable ou variables no interior do procedemento e tamén no comando que teña relación coa variable declarada.
  • ¿Como o fago? Para que poidas entendelo farei un exemplo.

Exemplo

Programa para facer un cadrados de distintas dimensións.

Como queremos facer un cadrado, pero sen indicar a dimensión do lado do cadrado, a variable que creamos é o lado. Polo tanto, teremos  :lado.

Agora o que faremos e o procedemento para facer o cadrado.

To cadrado repeat 4 [ fd ? rt 90] end

O seguinte paso e introducir a variable no procedemento

To cadrado :lado repeat 4 [ fd ? rt 90] end

O que estou facendo é indicarlle que o lado é a variable, pero ¿está rematado o programa? Non, debo introducir a variable no comando que faga que o lado varíe neste caso a instrución de avance.

Polo tanto o programa sería:

To cadrado :lado repeat 4 [ fd :lado rt 90] end

Agora para que faga o debuxo o que fago e poñer o nome do procedemento e unha cantidade que será a dimensión da variable.

cadrado 100

cadrado 40

¿Cómo encher de cor unha figura?

Ata agora soamente cambiamos a cor no exteriror da figura, pero ¿podemos facer un recheo de cor no noso debuxo?

Deberías saber

As cores en LOGO  defínense con números que van dende o 0 ata  o 15

¿Que cor corresponde a cada número?

Na seguinte táboa podemos velo:

NÚMERO COR
0 NEGRO
1 AZUL
2 VERDE
3 AZUL
4 VERMELLO
5 FUCSIA
6 AMARELO
7 BRANCO
8 MARRÓN
9 MARRÓN
10 VERDE
11 AZUL
12 SALMÓN
13 VIOLETA
14 LARANXA
15 GRIS

Actividades

  • Fai os programas para debuxar os seguintes polígonos:

Triángulo

Pentágono

Hexágono

Heptágono

Octógono

  • Ponlle cor aos polígonos

Reto

¿Poderías facer un programa para que debuxe calquera tipo de polígono?