¿Que debemos coñecer antes de empezar a escribir?
Debemos coñecer os tipos de datos que podemos escribir nun programa
- Números- hai dous tipos de datos para os números
- Integers (son os números enteiros),por exemplo :76
- Floats (son os números que inclúen os decimais), por exemplo: 76.5
- Cadeas- é un "cacho" de texto (string) e pode conter letras, números, espazos e símbolos como punto e coma, til. Hai que poñelo entre comiñas ao principio e ao final.
Sintaxe
Sempre debemos comezar o programa coa palabra print para amosar o programa na xanela SCHELL. As instrucións teñen que ir entre paréntese.
Se queremos amosar un número non temos que poñer comiñas, pero as cadeas si deben estar entre comiñas.
Por exemplo:
O programa para escribir o número 5 sería:
print(5)
O programa para escribir ,O meu día favorito é o venres,sería:
print("O meu día favorito é o venres")