Saltar navegación

ACTIVIDADE 2 LOGO. ESCRIBIR

Con LOGO podemos escribir . ¿Como podemos facelo? Pois imos descubrilo.

Os comandos que debo empregar son :

COMANDO ¿PARA QUE SE EMPREGA?
label " o que se quere escribir Para poder escribir un texto
setlabelheight (nº) Aumentar o tamaño da fonte
seth (dirección) label " o que se quere escribir Cambiar a dirección da escritura

¡¡¡É o momento de probar!!!

Faremos un exemplo para aprender

Exemplo

O que faremos é escribir varias palabras en distintas posicións e cambiando o tamaño da fonte , a dirección e tamén a cor do texto.

Escribiremos as seguintes palabras: "Hola", "Adeus", "Hello", "Bye". En distintas cores e en distintas posicións.

O resultado podería ser:

resultado
Licenza: CC BY-SA

¿Como podemos facelo?

É o teu momento

  1. Debes escribir o teu nome e os teus apelidos en distintas cores e direccións.
  2. Fai os polígonos da actividade anterior e ponlle o seu nome.