Seguiremos avanzando nesta linguaxe de programación. Xa sabemos como avanzar e xirar, pero necesitamos tamén saber desprazarnos pola xanela de traballo sen debuxar,borrar algo, cambiar a cor do trazo, o grosor do trazo ou ben poñer a tartaruga nunha posición concreta.
Os comandos que debemos empregar son:
| SÍMBOLO | ¿PARA QUE O EMPREGAMOS? |
| penup | Subir o lapis |
| pendown | Baixar o lapis |
| showturtle- st | Amosar a tartaruga |
| hideturtle-ht | Agachar a tartaruga |
| clearscreen-cs | Limpar a pantalla |
| setwidth (nº) | Aumentar o grosor do trazo |
| setpc (nº) | Cambiar a cor do trazo |
| setxy (x,y) | Colocar a tartaruga nunha posición |
| seth (ángulo) | Orientar a tartaruga na posición que queira |
| arc 360 radio | Debuxar un círculo |