Precoñecemento
En Python podemos facer debuxos, gráficos ,para poder facelo usaremos as BIBLIOTECAS.
¿Que é unha biblioteca en programación? É unha colección de instrucións que xa están gardadas e listas para poder usalas.
En Python hai distintas Bibliotecas, por exemplo:
- Random- podes escoller un número ao chou .
- Turtle- este serve para debuxar liñas, formas. É o que empregaremos aquí.
- Tkinter- úsase para crear botóns ou xanelas.
- Time-danos o día e hora, poderemos calcular datas.
- Math- para traballar con cálculos matemáticos complexos
- Pygame- está deseñada para escribir videoxogos.
Se queremos empregar algún destes códigos o primeiro que debemos facer é dicirlle ao ordenador que importe a biblioteca para poder empregala.
¿Como o faremos? Co comando from nome da biblioteca import*
No noso caso como queremos debuxar deberemos por:
from turtle impor*
E agora deberemos por as instrucións para debuxar o que queremos.
Sintaxe
Os comandos que debo empregar son:
| COMANDO | SINTAXE |
| AVANZAR | forward(50). Avanza 50 pasos |
| XIRAR DEREITA | right(90). Xira 90º a dereita |
| XIRAR ESQUERDA | left(90). Xira 90º a esquerda |
|
REINICIAR A POSICIÓN PARA COMEZAR A DEBUXAR |
reset() |