Saltar navegación

ACTIVIDADES

Actividade 1

A continuación terás que escribir as instrucións necesarias para realizar as seguintes actividades que seguro fixeches algunha vez:

  1. POÑER A MESA.
  2. PREPARAR A MOCHILA PARA O DÍA SEGUINTE.
  3. ORGANIZAR UNHA QUEDADA ENTRE COMPAÑEIROS.
  4. ASISTIR EN  AUTOBÚS A UN CONCERTO NO AUDITORIO.

Unha vez feito, compara coas solucións propostas aquí.

Compara

  • ¿Resolvíchelo do mesmo xeito?
  • ¿Cres que son válidas as solucións que ti propós?
  • ¿Que cres que se podería mellorar en cada unha delas?

Actividade 2

Agora ti debes facer o algoritmo para os seguintes procesos:

  1. Cambiar unha lámpada.
  2. Facer unha torrada con manteiga.
  3. Cambiar a roda dun coche.
  4. Reservar mesa nun restaurante.
  5. Preparar un exame cunha data determinada.
  6. Ir á compra.
  7. Sacar un libro da biblioteca.

Actividade 3

Debes completar os pasos que faltan para facer correctamente  unha cunca de té.

  1. Coller a teteira.
  2. Acender o fogo.
  3. Coller a bolsa de té.
  4. Esperar 1 minuto.
  5. Botar o té na cunca

Habilitar JavaScript

Actividade 4

Agora terás que crear os algoritmos para estes problemas ou situacións matemáticas. Agora a cousa se complica ¿ ou non?

  1. Determinar cal é o maior de dous números naturais
  2. Sumar dous números naturais
  3. Calcular o perímetro dun cadrado
  4. Calcular o área dun cadrado
  5. Calcular a nota media dos teus exames de tecnoloxía
  6. Calcular o IVE dunha factura