Na actividade anterior aprendemos a facer bucles empregando o comando repeat,
Agora faremos bucles pero empregando outro comando. Neste caso o comando for.
¿Para que podemos empregar estes bucles? Unha das finalidades podería ser para amosar na pantalla unha sucesión de números de forma automática ,pero tamén podémolos empregar para debuxar.
¿Que comando emprego se quero unha secuencia de números ou un debuxo?
for[ nome dunha variable valor inicial último valor incremento da secuencia] [secuencia de comandos]
Para entender mellor esta expresión faremos uns exemplos:
- Facer un programa para ter un listado de números dende 1 ata 50 e que sexa de dous en dous. Queremos que aparezan na pantalla.
O programa sería:
for [i 1 50 2][print :i]
i- é a variable
1- é o primeiro número
50- será o último
2- a secuencia, irá de dous en dous
print :i- amosa na pantalla a secuencia de números
- Agora faremos un programa para debuxar unha espiral
O programa sería:
for [i 1 50 2][fd:i lt 30]
Neste programa o que lle dicimos é que avance cun tamaño que vaia aumentando de dous en dous pasos e que faga un xiro cara a esquerda 30º
O resultado sería:

- ¿Poderíamos no exemplo anterior cambiar os trazos da espiral en distintas cores? ¡¡¡Claro que si!!!!
Teremos que empregar o comando random , ¿que significa? ao chou.
¿Cal sería o comando completo para o cambio de cores?
setcolor random (nº) -O número o que indica é o rango de valores que elixe ao chou o programa para cambiar a cor.
No exemplo anterior, ¿onde poño o comando de cambio de cores? Pois antes da instrución de avance.
O programa sería o seguinte:
for [i 1 50 2][setcolor random 16 fd:i lt 30]
Nesta imaxe podemos comprobar como quedaría a espiral: