Precoñecemento
No apartado anterior aprendemos a debuxar empregando a biblioteca "turtle". Imos ver a utilidade doutra das bibliotecas, neste caso "radint".
¿Para que se emprega? O seu uso é elixir un número ao chou ,pero tamén podemos empregala para elixir datos ao chou dunha lista.
Pero........,¿que é unha lista? Pois é unha estrutura que pode conter números, cadeas, outras listas ou unha combinación destes datos. Estes datos gárdanse en orde e cada un deles ten un número .
Sintaxe
Recorda que para empregar a biblioteca radint o comando é:
from randon import*
Se queremos obter un número ao chou debemos empregar:
radint (x,z) onde x e z dan o intervalo de valores . Exemplo radint(1,9) os números aleatorios irían dende o 1 ata o 9.
Se queremos facer un programa aleatorio cunha lista deberei pór:
choice(mi lista)
¿Cal é a sintaxe dunha lista?
Os distintos datos iran entre comiñas e deberemos por corchetes ao inicio e o fin da lista
miña lista =["can", "gato","polo","mono"]