¿Recordas cando fixeches o programa dos polígonos? As instrucións en todos eles repítense, polo tanto podemos simplificar o programa empregando os BUCLES.
¿Que comando debo empregar?
repeat nº de veces [ as instrucións]
Exemplo:
repeat 8 [ fd 50 rt 45]
Bucle (CC BY-SA)
Podemos executar un bucle dentro doutro. Se facemos isto estamos realizando o que se chama BUCLES ANIDADOS
¿Que comando debo empregar?
repeat nº de veces [ repeat [instrucións] instrución]
Exemplo:
repeat 36 [repeat 4 [fd 50 rt 90] rt 10]
Bucle anidado (CC BY-SA)