Python é unha linguaxe baseada en textos, non é visual como Blockly ou Scratch que emprega bloques. O seu uso é fundamentalmente para crear xogos, ferramentas ( como por exemplo procesadores de texto) ou páxinas web.
É usado por compañías tales como: Google, Pixar, Twitter ou a NASA.
Os programas creados nesta linguaxe empregan un código moi sinxelo tanto para escribir como para ler.
Outra das vantaxes de esta linguaxe é que ten o que se chama en programación LIBRERÍAS DE CÓDIGO ( é un código preprogramado que pode ser usado nos programas ) , polo tanto cando creas os teus programas podes botar man delas por exemplo se queres debuxar gráficos.
Para poder programar con Python debes telo instalado no teu ordenador. É gratuíto e funciona en tódolos sistemas operativos.
Cando facemos a instalación tamén se instala un programa chamado IDLE. O IDLE inclúe un editor de textos que che axuda a escribir e executar os programas en Python.