¿Recordas cando fixeches os polígonos nas actividades anteriores? Seguro que si.
Imaxina que tes que volver a facer eses debuxos, de novo teríamos que escribir as instrucións correspondentes. É necesario?.....Non
- ¿Entón, que debo facer? Empregar o que se chama procedementos.
- ¿En que consiste? En gardar o conxunto de instrucións para facer un debuxo e máis tarde podo recuperalo sen necesidade de ter que escribilo de novo.
- ¿Como o fago? Para que poidas aprender farei un exemplo.