Saltar navegación

FACER OS DIAGRAMAS DE FLUXO MEDIANTE PROGRAMAS

Ata agora fixemos os diagramas manualmente, pero ¿podemos facelos co ordenador?

Pois si, imos  aprender a utilizar dous programas serán : LIBREOFFICE e DIA.

Os dous programas  témolos instalados nos ordenadores do instituto , pero ti tamén podes telos no teu ordenador porque son gratuítos. Estas son as ligazóns para poder descargalos no teu ordenador

LIBREOFFICE

DIA

Explicaremos o seu funcionamento mediante uns vídeo titoriais.

Actividades

Empregando os programas explicados debes facer os diagramas de fluxo para os seguintes programas:

  • A temperatura nunha casa debe estar entre 18ºC e 20ºC. Se a temperatura é de 22ºC a calefacción apagarase e se a temperatura na casa é de 16ºC entón acende a calefacción.
  • Para sumar dous números.
  • Detectar se unha persoa é maior de idade. Se ten máis de 18 anos o programa escribirá "É maior de idade" , pero en caso contrario escribirá " Non é maior de idade".
  • Indicarlle a un peón se pode pasar ou non nun semáforo. Se a luz é verde escribirá "Pode pasar" se a luz é vermella escribirá" Alto, debe esperar"
  • Acendido da luz dunha neveira cando abrimos e pechamos a porta.
  • Facer unha cunca de café . Indicando se lle pomos leite e azucre ou non.