Saltar navegación

ESTRUTURAS SELECTIVAS

Estas estruturas tamén poden ser chamadas das seguintes maneiras: DECISIÓN, ALTERNATIVAS OU CONDICIONAIS.

Empregámolas para tomar decisións. O que se fai nestas estruturas é avaliar unha condición,e segundo  do resultado executarase unha opción ou outra.

Hai varios tipos:

Condicionais simples - Avalíase unha condición, e se se cumpre (é certa) entón execútanse unha serie de pasos.

Normalmente nestas estruturas emprégase a expresión: IF, SE.

Condicionais dobres- Avalíase unha condición e  se non se cumpre (é falsa) poderemos especificar que vai pasar.

Normalmente nestas estruturas emprégase as expresiones: IF........ELSE

                                                                                                              SE.........SENÓN

Condicionais múltiples ou con varias condicións- Se queremos incluír nos programas alternativas con moitas opcións posibles. Neste tipo de estruturas poderemos poñer tantas condicións como queiramos.

Tamén existe a posibilidade de que se deban cumprir dúas condicións á vez .

Nestas estruturas emprégase a expresión: IF (condición 1)&&(condición 2).

&& : significa e, é dicir, que se cumpran dúas cousas á vez. Unha e outra.

Outro caso sería se se cumpre unha calquera das dúas condicións.Unha ou a outra.

Nestas estruturas emprégase a expresión: IF (condición1) | (condición2).

|: significa ou, é dicir, que se cumpra unha condición ou a outra.

Actividade

Traballemos de novo no "LABERINTO CLÁSICO", na  WEB "LA HORA DEL CÓDIGO"

Neste caso deberás facer dende o nivel 14 ata o 20.

Para comezar a xogar pica aquí