Saltar navegación

ACTIVIDADE 0 LOGO. INSTRUCIÓNS BÁSICAS

Agora que xa viches o vídeo titorial de LOGO, xa serás capaz de dar os teus  primeiros pasos con este programa. Propoñémosche facer uns sinxeliños programas coas instrucións básicas.

Recorda cales eran estas instrucións básicas:

     fd: avanzar

     rt: xirar á dereita

     lt: xirar á esquerda

Ademáis debemos indicarlle canto queremos que avance, ou canto queremos que xire:

     fd 50: avanzar 50 pasos

     rt 90: xirar á dereita 90 graos

     lt 45: xirar á esquerda 45 graos

EXEMPLO: Debuxar un cadrado.

O código e o resultado quedarían da seguinte maneira

Debuxa formas básicas

Intenta debuxar as seguintes formas xeométricas

Estuda os seguintes códigos

Estuda os seguintes códigos e adiviña que figuras debuxarían. Anota as túas suposicións.

Agora comproba que efectivamente as figuras debuxadas son as que tu supuxeches.

DEBUXO LIBRE

Como actividade un pouquiño máis complexa propoñémosche que debuxes as letras do teu nome. Se o consegues xa dominas as instrucións básicas de logo.