Na "Actividade" 0 de Blockly resolviches os primeiros niveis. Neles viches que algunhas instrucións repítense máis de dúas veces. Para non ter que escribir o mesmo código tantas veces úsanse os BUCLES ou LOOPING en inglés. Así un código que podería resultar longo e aburrido redúcese enormemente. A este proceso, o de mellorar un programa reducíndoo utilizando outras instrucións máis apropiadas chámaselle DEPURAR un programa. Aínda que o programa sen depurar funciona igual, é moito máis correcto e intelixente depuralo.
Propoñémosche que remates os 10 niveis do TURTLLE BLOCKLY utilizando os bucles ou as instrucións necesarias para que os programas che queden o máis mellorados posible.
RECOMENDACIÓNS:
- En cada nivel, o programa xa che da pistas das novas instrución que debes utilizar.
- Se clicas en cada un dos bloques obterás esas pistas
- Cando a comprobación dun programa sexa moi longa, aumenta a velocidade movendo o cursor da xanela de programa dende a tartaruga cara á lebre.
- Aquí dámosche as solucións por se te atascas, pero inténtao bastantes veces antes de comprobar a solución.