Saltar navegación

DIAGRAMA DE FLUXO

Nun diagrama de fluxo facemos a representación gráfica utilizando símbolos xeométricos das instrucións. Debemos seguir unha secuencia ordenada destas instrucións.

Posteriormente esta secuencia traducirase nunha linguaxe de programación para executala e probala.

Para poder facer un diagrama temos que coñecer os símbolos que podemos empregar e cal é o uso de cada un deles. Tamén debemos coñecer as normas básicas que deberemos seguir .

Exemplo: Imaxina que vas a tomar un refresco e o camareiro che fai a pregunta de se queres xeo no refresco. ¿Como sería o diagrama de fluxo deste proceso?

Diagrama de fluxo
Diagrama de fluxo (CC BY-SA)