Precoñecemento
¿Para que serven as funcións?
¿Recordas para que serve unha función ? Imos recordalo .
Cunha función podemos agrupar un conxunto de instrucións para realizar unha tarefa . Podemos utilizala en calquera momento "chamándoa", neste momento recuperase o código da función e executala. Cando finaliza a función o programa executa o comando seguinte.
Tipos de funcións
As principais funcións que podemos empregar en Python son:
| FUNCIÓN | USO |
| print() | Deixa que o programa envíe unha saída ao usuario . Amosa as instrucións ou resultados na pantalla |
| input() | Esta función é a contraria da print(). Permite ao usuario introducir instrucións ou datos no programa mediante o uso do teclado. |
|
randint() |
Da un número ao chou. O seu uso é para engadir un elemento ao chou nos programas. |
Crear funcións
Tamén podemos crear funcións , deberemos recoller o código que queremos usar e poñerlle un nome. Ese nome permitiranos chamar a función cando a necesitamos.
Sintaxe
- Sempre debemos escribir o nome da función seguido de paréntese. No interior podemos poñer o nome dunha variable, unha cadea...
Exemplos:
print("Ola")
nome= input("¿Cál é o teu nome?")
- Para escribir unha función nova sempre debo empregar a palabra def e o nome da función seguido de paréntese e dous puntos(:) ; estes marcan o fin do nome e o inicio do código que contén.
Exemplo:
def pregunta () :
print ("O teu nome é)