Precoñecemento
O uso dos BUCLES é para repetir liñas de código, como vimos en actividades anteriores. En Python como en calquera linguaxe de programación tamén empregamos estas estruturas.
Imos ver os tipos de BUCLES que podemos empregar en Python.
Bucles for
Repite o código sen ter que escribilo de novo. Debemos usalo cando queremos repetir algo unha cantidade determinada de veces.
Sintaxe
Para realizar un bucle repetitivo deberemos empregar a seguinte expresión
for i in range () :
Se queremos repetir unha secuencia un número de veces poñeremos a cantidade entre paréntese.
Exemplo: for i in range (3) :
Se queremos facer un programa para contar , deberemos poñer no paréntese o número polo que queremos comezar e o número por enriba do número máis alto que queremos contar separado por comas.
Exemplo: for i in range (1,53) :
Se queremos facer un programa para contar de forma salteada, debermos poñer no paréntese o número polo que queremos comezar , número por enriba do número máis alto que queremos contar e por último o número de saltos que queremos facer separado por comas.
Exemplo: for i in range (1,10,2) :
Bucles While
Neste caso repetirase un conxunto de instrucións mentres cumpra unha determinada condición que se avalía se é verdadeira. Se o é , reinicia o bucle outra vez e se non o é , saltará a outra instrución.
Sintaxe
while condición :
Exemplo:
while resposta == si :
while i <= 100 :
while flores >= 10 :
Se a condición se fixa como verdadeira realizaremos un bucle FOREVER (por sempre). Neste caso o bucle nunca rematará.
Exemplo:
while True: