Saltar navegación

¿QUE É UN PROGRAMA?

Un programa é un conxunto de instrucións (escritas nalgunha linguaxe de programación) que o ordenador debe seguir para realizar unha tarefa ou resolver un problema.

Nun programa sempre teremos as seguintes fases:

  • Información entrante- INPUT
  • Información procesada- PROCESO
  • Información saliente- OUTPUT

Cando escribimos no ordenador as instrucións (nalgunha linguaxe de programación que o ordenador entenda) para resolver un problema ou realizar unha tarefa estamos PROGRAMANDO.

Hoxe en  día, vivimos rodeados de dispositivos ou máquinas que empregan programas informáticos. Por exemplo: un lavalouzas (a selección da temperatura nun ciclo de lavado) , un teléfono móbil (a selección dun contacto cando queremos chamar a alguén), un semáforo (cando acende a luz verde para que poidamos cruzar nun paso de peóns).

 

Actividade

Poderías citar outros dispositivos ou aparellos que empreguen programas informáticos. ¿Que tarefa realizan ?