A característica principal desta aplicación é que permite aprender a programar de forma moi guiada e intuitiva. Está organizada de forma que se van pasando niveis de menor a maior grao de dificultade. Así sen necesidade de axuda, pódese facer unha autoaprendizaxe. Vas comprobalo aquí.:
- Clica na icona da tartaruga.
- Empeza polo nivel 1. Segue as instrucións e constrúe o programa indicado.
- Vai pasando aos niveis seguintes ata chegar ao nivel 10.
Comprobarás que estas actividades son para practicar sobre todo instrucións do bloque de movemento.



