¿Cando empregamos os condicionais en programación? Se facemos un recordatorio de actividades anteriores necesitamos estas estruturas cando debemos tomar unha decisión para que o programa poida continuar.
O programa decide que facer cando compara variables, números ou cadeas por medio de expresións booleanas.
¿Que é unha expresión booleana? Pois é o mesmo a dicir "verdadeiro"(True) ou "falso"(False).
Para facer a comparación de variables con números ou cadeas ,ou ben con outras variables debemos empregar os OPERADORES LÓXICOS. Ao facer esta comparación o resultado será "verdadeiro" ou " falso".
¿Cales son os operadores é como se simbolizan?
| TIPOS DE OPERADORES | SÍMBOLO |
| IGUAL | == |
| NON É IGUAL A | != |
| MENOR QUE | < |
| MAIOR QUE | > |
| MENOR OU IGUAL QUE | <= |
| MAIOR OU IGUAL QUE | >= |
Nun programa podemos ter as seguintes estruturas:
Facer ou non facer. Orde IF
Isto significa que se unha afirmación é verdadeira o programa executa as ordes. Se non o é , salta as ordes.
Exemplo:
resposta=input("¿É hoxe luns? si ou non")
if resposta == "si":
print("Teño clase pola tarde")
Fíxate na sintaxe da condición
¡¡Proba a facer o exemplo!!
Facer esto ou outro. Orde IF....ELSE
Ista combinación significa que se algo é verdade pasa unha cousa senón pasa outra.
Exemplo:
resposta= input("¿È hoxe o meu aniversario? si ou non")
if resposta==" si":
print(¡¡¡¡FELICIDADES!!!!)
print(¡¡¡¡É a hora dos presentes!!!!!)
else:
print(¡¡¡Xa queda menos!!!!!)
Fíxate na sintaxe da condición
¡¡Proba a facer o exemplo!!
resposta=input("¿É hoxe luns? si ou non") if resposta == "si": print("Teño clase pola tarde")
resposta= input("¿È hoxe o meu aniversario? si ou non") if resposta==" si": print(¡¡¡¡FELICIDADES!!!!) print(¡¡¡¡É a hora dos presentes!!!!!) else: print(¡¡¡Xa queda menos!!!!!)
if seguido da condición e finaliza por : else seguido de :
if seguido da condición e finaliza por : else seguido de :
empeza por if seguido da condición e finaliza por :