Saltar navegación

ACTIVIDADE 0 PYTHON. ABRIR O PROGRAMA

O primeiro que temos que aprender antes de empezar a programar  é  aprender a traballar co IDLE. Deberemos seguir os seguintes pasos:

Paso 1

Executa o IDLE

Unha vez feito, abrirase a xanela SCHELL.

Paso 2

Agora o que temos que facer é darlle a"FILE" e seleccionar "NEW WINDOW".  Clicamos e abrirase a xanela CODE.

Nesta xanela escribimos o texto do que queremos programar.

¡Fíxate na sintaxe ! ¡ E nas cores!

Paso 3

Agora é o momento de gardar a xanela CODE ou de programar. O que debemos facer é: no menú "FILE" debes escoller "SAVE AS" . Debes pór un nome e dálle a gardar.

Paso 4

¿Que temos que facer agora? Pois é o momento de executar o programa. ¿Como debemos facémolo? Na xanela CODE temos que ir ao menú "RUN" e escoller "RUN MODULE". Esto vai a executar o programa na xanela SCHELL

¡¡¡¡Xa tes o primeiro cacho de programación en Python!!!!