¿Recordas que é unha variable? ¡¡¡Seguro que si!!
Por si hai alguén que non se lembra faremos o recordatorio.
Unha variable en programación empregase para almacenar datos para utilizalos posteriormente .
¿Como se declara unha variable en Logo? Debemos empregar o comando
make " nome da variable valor da variable
Exemplo:
make "a 3
a é o nome da variable
3 é o valor da variable
¿Como chamamos á variable nun programa de Logo? Debemos empregar dous puntos (:) e o nome da variable.
Exemplo:
:a
¿Como podemos ver o valor da variable na pantalla de Logo? Debemos empregar o comando print.
Exemplo:
print :a
Na seguinte imaxe podemos ver o código da variable e a visualización na pantalla.
| CÓDIGO | RESULTADO NA PANTALLA |
|
Licenza: CC BY-SA
|
Licenza: CC BY-SA
|