Precoñecemento
¿Para que sirven as variables?
Para recordar "cachos" de información do programa. Son como caixas onde imos gardando datos.
Tipos de variables
As variables poden ser números ou cadeas. Como podemos ter varias variables nun programa cada unha delas terá un nome.
As variables podemos sumalas , tanto para facer cálculos como para aumentar unha cadea.
Sintaxe
Cando vamos a empregar variables o primeiro que teño que facer é declaralas , isto quere dicir que temos que darlle un nome ( poden ser letras, palabras , símbolos). Deste xeito unha vez que fagamos o programa ,este pode utilizalas.
- Nunca levan diante print
- Sempre despois do nome da variable poñemos o símbolo =
Exemplos:
Nome= Paz
nota=10
¿Que debo ter en conta cando as nomeo?
- Podo empregar tanto letras como números
- Nunca se pode empezar por un número
- Non se poden empregar símbolos como -,/, #, @
- Non se poden empregar espazos ,pero si podes empregar guión baixo_
- Para Python é distinto se a unha variable comeza por maiúscula ou minúscula. Por exemplo : Nome e nome son variables distintas.