OBXECTIVOS
- Familiarizarse coa contorna de Scratch
- Utilizar as instruccións básicas.
- Deseñar un programa sinxelo, utilizando Scratch de maneira intuitiva
Agora que xa deches os teus primeiros pasos con Blockly, xa estás en condicións de empezar a traballar con Scratch.
Na presentación anterior podes ver en que consiste esta linguaxe de programación.
Propoñémosche que curiosees no programa para que vaias intuindo como manexalo:
Ahora practica con estas actividades sinxelas:
Debuxa a inicial do teu nome.
Anota aquí que comandos utilizaches:
Pensa cales das seguintes instruccións utilizaches:
mover, xirar, baixar lápiz, levantar lápiz, ao presionar tecla, ao presionar bandeira, por sempre,
Utilizáchelos todos?
Utilizaches algún máis?
Crea un xogo no que un personaxe persiga a outro e cando o atrapa fai algo (ocurre algún efecto).
Dámosche algunhas ideas:
animais tradicionalmente inimigos
Policía/ladrón
futbolista/balón
mago/sapo
namorado/namorada
Inténtao as veces necesarias ata que o consigas.
Non consultes a solución ata que teñas o teu propio xogo
Ahora mellora o xogo anterior engadindo un cronómetro que marque o tempo que tarda o perseguido en ser atrapado.
Investiga hasta que atopes a solución
Ahora fai una competición cos teus compañeiros de clase a ver quen aguanta máis
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0