Saltar navegación

ALGORITMOS NO PAPEL

Obxectivos

Imos  empezar a simbolizar os algoritmos mediante debuxos, símbolos e comandos.

¿Que é un comando? É facer as nosas instrucións máis útiles empregando números e letras.Os números indican canto hai que moverse e as letras indican a dirección do movemento.

Actividade 1

Nesta primeira actividade teremos que facer debuxos empregando ordes. Para realizar esta actividade soamente necesitas papel cuadriculado e lapis.

Actividade 2

Nesta segunda actividade empregaremos soamente símbolos para dar as ordes e facer o debuxo. Necesitarás papel cuadriculado e lapis.

Actividade 3

Nesta terceira actividade imos  empregar os comandos para debuxar. Tamén empregaremos papel e lapis.