Pero fíxate, fíxate nisto! -espetoume completamente emocionado. O texto dicía máis ou menos o seguinte:"Descendendo no cráter do volcán Sneffels nos últimos días de xuño, ao amencer, no lugar que che indica a sombra do monte Scartaris. Daquela, viaxeiro destemido, atoparás no medio do cráter a entrada da pasaxe que te conducirá ao centro da Terra. Iso foi o que fixen. Arne Saknussemm.
As viaxes fantásticas de Jules Verne
Le o texto con atención e responde as seguintes cuestións: 1. Pódese entrar ata o centro da Terra dende un volcán? 2. Que hai no interior da Terra? Auga, rochas, dinosauros... 3. A Terra ten un raio de 6 370 km, mil quilómetros máis que a distancia que separa Santiago de Compostela do volcán Sneffels en Islandia. Como podemos averiguar que hai no núcleo da Terra.
Os métodos de estudo dos xeólogos son toda unha demostración de enxeño e imaxinación posto que teñen que estudar grandes espazos, grandes períodos de tempo e, especialmente, un planeta de 6 370 quilómetros de radio.
Imaxina que tes unha bola dun metro de radio e necesitas saber como é por dentro pero sen abrila. Só podes empregar un coitelo para coller a primeira capa da esfera, como máximo do grosor dunha pel de laranxa.
Nova Zelandia está nas antípodas de Galicia, é dicir, se fixésemos un burato dende Galicia, atravesásemos toda a Terra e saísemos polo outro lado, atopariámonos nese país. Por desgraza ese tipo de viaxes son tan imaxinarias como as de Julio Verne. Os xeólogos empregan uns trades enormes, as perforadoras, que coma máximo chegaron a profundar ata algo máis de doce quilómetros. Como podemos saber que hai máis abaixo?
Para coñecer o interior da Terra empréganse varios métodos de estudo:
Métodos directos como a perforación de pozos. É o método máis preciso pero moi limitado. Dos 6 730 km de raio da Terra só podemos perforar ata os 12 km: é como intentar coñecer o funcionamento do corpo humano estudando a pel.
Métodos indirectos como o estudo dos terremotos. Grazas a eles chegamos a ter unha idea de como é a Terra por dentro.
A primeira información que nos proporcionaron este métodos é que a nosa Terra é un planeta compacto e case esférico. O noso planeta é unha gran masa de rocha sólida no que a temperatura vai aumentando ata alcanzar máis de 6 000 ºC na zona máis interna, o núcleo.
Os datos proporcionados polos terremotos levaron aos científicos a definir tres capas no interior da Terra:
A Codia. A capa superficial e mellor coñecida. Ten unha profundidade media de 50 km, pero baixo os océanos é moito máis fina e debaixo das montañas moito máis grosa.
O Manto comeza baixo a codia e chega ata os 2 900 km de profundidade. As ondas dos terremotos fan pensar que hai dúas capas diferentes dentro do manto. Un manto superior e un manto inferior.
O Núcleo, a zona máis interna. Comeza nos 2 900 km de profundidade e remata sobre os 6 370 km no centro da Terra. Como sucedía co Manto tamén se divide en dúas capas: un núcleo externo sólido e un núcleo interno fundido.
Codia, Manto e Núcleo son as capas clásicas da Terra pero realmente estas capas non existen, son unha forma fácil de intentar entender a estrutura da Terra. Non hai unha fronteira entre Codia e Manto ou entre Manto e Núcleo. Trátase dunha estrutura tan artificial coma os límites entre os concellos, pero peor sinalizada xa que non hai nada que nos marque onde acaba unha e empeza a outra.
Tan artificial é a nosa estrutura que os xeólogos moitas veces empregan unha división alternativa para a estrutura da Terra. Fixándonos nos volcáns, nos terremotos e nos movementos dos materiais no interior da Terra dividímola en:
Unha vez rematado o estudo da estrutura da Terra chega o momento de pensar na súa composición.
A Terra está formada por minerais que se asocian en rochas.
Na Codia e o Manto, os minerais están formados fundamentalmente por silicio e osíxeno organizados de diversas formas e asociados a aluminio, ferro, magnesio...
A ortosa está formada maioritariamente por silicio e osíxeno.
A moscovita está formada maioritariamente por silicio e osíxeno.
A pirita está formada por xofre e ferro
A galena está formada por xofre e chumbo
O núcleo, por contra, está formado por ferro e níquel polo que chegou a recibir o nome de NIFE.
O núcleo externo está fundido mentres que o interno está sólido.
Tendo en conta que os dous teñen a mesma composición e que a temperatura e do núcleo interno é maior que a do externo, como pode ser que o núcleo interno non este fundido?