Desembocadura do río Anllóns en Ponteceso As lagoas e esteiros que se forman en moitos lugares da costa de Galicia son zonas húmidas fundamentais para as aves migratorias.
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!
Rosalía de Castro. Adiós, ríos; adiós, fontes.
Le o texto e contesta as cuestións:
1. Rosalía daba moita importancia á auga na súa lembranza. Debate cos teus compañeiros que papel darías aos ríos ou lagos na túa imaxe de Galicia. 2. Galicia é o país dos mil ríos, serías capaz de nomear dez deles? 3. Con todo o que chove en Galicia, comenta cos teus compañeiros se cres que é necesario controlar o consumo de auga.
Galicia é unha zona de paso para moitas aves que incluso en ocasións deciden quedar a pasar o inverno con nós. Escapan do frío do inverno do norte de Europa buscando un clima máis cálido no sur de España ou en África. Unha vez rematado o inverno regresan aos seus lugares de orixe no norte para buscar parella e ter crías.
Mascato viaxando cara ao sur cerca do Roncudo
Para nós o espectáculo está fundamentalmente ligado á auga e iníciase a finais de agosto cando empezamos a apreciar o paso de aves. Mirando ao oeste é fácil ver os mascatos sucando as ondas en dirección sur. Se prestamos atención a estas aves, veremos como viaxan en grupos e como moitas veces os últimos do grupo teñen unha cor algo máis escura: son as crías nacidas no norte e que fan o seu primeiro paso migratorio.
As cegoñas son aves migratorias que están cambiando os seus costumes polo cambio climático.
A Sociedade Española de Ornitoloxía solicita a nosa colaboración para saber como está cambiando o comportamento migratorio das aves como consecuencia do cambio climático.
Colabora na rede fenolóxica. Podes facelo de forma individual ou nun equipo. Non é necesario saber moito de aves, só é imprescindible estar interesado e querer aprender.
Outro punto fundamental para observar o paso migratorio son as zonas húmidas, uns ecosistemas en serio perigo de desaparición. Estas zonas son imprescindibles para levar a termo viaxes de miles de quilómetros a través de varios continentes, pero as manchas húmidas están desaparecendo moi rápido por dúas causas fundamentais:
A contaminación das augas doces que converten estes ecosistemas en auténticos vertedoiros.
O mal uso do territorio. Moitas zonas húmidas desecáronse para construír vivendas ou para poñelas a agricultura. Un caso moi coñecido en Galicia é a lagoa de Antela. Na década de 1950 eliminouse a lagoa para convertela en terra de cultivo.
Proporción entre os contidos en auga salgada e doce
A auga doce é imprescindible para os seres vivos malia a súa escaseza. Vivimos nun planeta cheo de auga, dous terzos da súa superficie é auga, pero a maioría é auga salgada. Por se fora pouco, da auga doce existente a inmensa maioría está nos glaciares polo que non é aproveitable para a vida. Canta auga nos queda e de onde sae?
A auga está continuamente transformándose no ciclo da auga:
A auga está continuamente de viaxe. Pasa dos océanos ao ceo, deste aos glaciares... É tan viaxeira como as aves. Pero a diferenza destas, a auga cambia de estado ao longo da viaxe:
Está en forma líquida, por exemplo, nos ríos e lagos.
Está en estado sólido nos glaciares.
Pasa un breve período en forma de vapor na atmosfera.
O tempo que está a auga en cada unha das formas é diferente:
Glaciares. 30 000 anos
Océanos. 36 000 anos.
Ríos. 13 días
Lagos e zonas húmidas. 100 anos.
Augas subterráneas. Centos de anos.
Nubes. 10 días.
Atendendo a estes datos busca a ruta máis rápida para unha gota de auga que se evapora da atmosfera e ata que volve a ela. Canto tempo máximo estivo fóra do océano?
1. Evapórase. 2. Condénsase nas nubes. 3. Precipita en forma de neve, choiva... Como é lóxico a maioría das precipitacións suceden no mar.
4. Permanece nos:
Océanos. É o maior depósito de auga do planeta pero non nos serve para beber nin para cultivar. Na actualidade as plantas desalinizadoras son capaces de obter auga potable do océano, pero gastando moita enerxía.
A corrente dos ríos foi empregada dende antigo nos muíños. Canto máis rápido circule a corrente maior é a capacidade dos ríos de desfacerse dos contaminantes.
Ríos. A maioría das grandes cidades están situadas no curso de ríos que lles proporcionan auga ao tempo que os empregan de vertedoiros. Como consecuencia desta sucia relación, os ríos sofren serios problemas de contaminación.
Os encoros son ríos freados por unha presa que serven para producir enerxía eléctrica e almacenar auga para consumo.
Grupo de parrulos descansando na lagoa de Villafáfila en Zamora.
Lagos e zonas húmidas. Son unha importantísima fonte de auga doce. Cando se consomen grandes cantidades de auga as reservas de lagos e zonas húmidas redúcense.Desembocadura do río Anllóns en Ponteceso As lagoas e esteiros que se forman en moitos lugares da costa de Galicia son zonas húmidas fundamentais para as aves migratorias.
Unha das zonas húmidas máis importantes de Europa son Las Tablas de Daimiel, un lugar que recibe todos os anos un considerable número de aves migratorias.
Un gran problema das zonas húmidas é a contaminación. Os ríos son cursos de auga corrente, cando os contaminamos, o movemento da auga axuda a eliminalar a contaminación. Como nos lagos e zonas húmidas, a auga non circula, a contaminación pode permanecer ata cen anos.
Neste glaciar islandés vemos as consecuencias do aumento da temperatura da Terra. Nos últimos 50 anos o glaciar retrocedeu máis de cen metros, é dicir, perdeu cen metros de xeo.
Glaciares. Formados por xeo, parte dos glaciares están sobre o océano, é o caso do xeo do Polo Norte. O cambio climático causado polo home está provocando que se derreta este xeo. Canto máis xeo perdan os glaciares maior será o aumento do nivel do mar causado polo cambio climático.
A falta de control na localización dos pozos pode provocar que rematemos bebendo auga contaminada.
Augas subterráneas. Unha importante reserva de auga. A auga de pozos e mananciais en Galicia está sufrindo un problema moi serio de contaminación que fai moi importante analizar a auga dos pozos antes de consumila.
Para solucionar os problemas que provocamos sobre as augas doces temos que reducir o consumo e a contaminación das augas.
Reducir o consumo de auga é fácil, só hai que querer. A maior parte da auga que se consome en España emprégase na agricultura, polo que ademais de aforrar auga na casa, tamén debemos estar pendendes de que o uso agrícola sexa adecuado.
Unha medida fundamental para ter auga potable non está relacionada co consumo senón coa ausencia de contaminación. Por pouco que consumamos, se contaminamos a nosa fonte de auga potable, non poderemos beber.
A pesar de que para nós é un xesto moi normal, en moitos países do mundo conseguir auga potable é a actividade máis importante do día.
A ausencia de auga potable é a principal causa de morte no mundo.
Ter auga corrente na auga é unha marabilla que esixe moito control por parte das autoridades. Tendo en conta que auga que bebemos vén dos ríos e encoros, que tratamentos cres que debería ter esa auga para ser potable?
Para evitar a contaminación augas residuais deben ser tratadas antes de devolvelas aos ríos. Este proceso chámase depuración e ten lugar nas EDAR (Estacións depuradoras de augas residuais).