En caso de detectarse plaxio a cualificación do traballo será un 0.
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | |
Entrega do traballo | Non publica o traballo ou publícao tarde sen xustificación. | Publica o traballo un máximo de dous días tarde. |
Publica o traballo tarde con xustificación e un máximo de dous días tarde do novo prazo previsto. |
Publica o traballo tarde con xustificación e dentro do novo prazo previsto. |
A publicación realizouse no prazo acordado. |
Número de preguntas (Artigos) | Publica menos dunha cuarta parte das preguntas acordadas. | Publica menos da metade das preguntas acordadas. | Publica menos de tres cuartos das preguntas acordadas. | Publica máis de tres cuartos das preguntas acordadas pero non todas. | Entrega as preguntas (artigos) acordadas. |
Ortografía | Non respecta as regras ortográficas. | Comete máis de dez faltas ortográficas por artigo. | Comete máis de cinco faltas ortográficas por artigo. | Comete entre cinco e dúas faltas ortográficas por artigo | Comete un máximo dunha falta ortográfica por artigo. |
Presentación | Pobre. Non incorpora imaxes, vídeos ou animacións. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuados á metade das preguntas. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuados a tres cuartos das preguntas. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuadas a máis de tres cuartos das preguntas pero non a todas | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuados a todas as preguntas. |
Referencias | Non referencia ou referencia mal o material empregado. | Referencia como máximo a metade do material empregado | Referencia tres cuartas partes do material empregado. | Referencia máis de tres cuartos do material empregado pero non todo. | Referencia de forma adecuada todo o material |
Preguntas | As preguntas non son pertinentes ou non están relacionadas co nivel e a materia estudados. | Menos da mitade das preguntas son pertinentes ou están relacionadas co nivel e a materia estudados. | Menos de tres cuartas partes das preguntas son pertinentes ou están relacionadas co nivel e a materia estudados. | Máis de tres cuartas partes das preguntas son pertinentes ou están relacionadas co nivel e a materia estudados. | Todas as preguntas son pertinentes e relacionadas co nivel e a materia estudados. |
Respostas | As respostas non son correctas. |
Menos da metade das preguntas son correctas e completas ou menos de dous terzos das preguntas son completas ou correctas. |
Menos de dous terzos preguntas son correctas e completas ou máis de dous terzos das preguntas son completas ou correctas, pero non todas. |
Todas as preguntas son correctas pero non todas completas ou todas as preguntas son completas pero non todas correctas. |
As respostas son correctas e completas. |