Un paseo polas estrelas
Lemos a Ciencia
Milton D Heifetz e Wil Tirion. Un paseo polas estrelas.
É case seguro que os primeiros poboadores das covas e posiblemente as primeiras formas de vida humana miraron as estrelas cun sentimento de admiración. Na súa vívida imaxinación uniron certas estrelas brillantes en debuxos que representaron figuras de animais ou persoas con atributos pouco comúns. Estes debuxos, que agora chamamos constelacións, eran distintos entre os diferentes pobos do mundo.
Le o texto con atención e contesta ás seguintes preguntas:
1. Busca no dicionario as palabras que non entendas.
2. Vemos as mesmas constelacións durante todo o ano? Por que?
3. Vense as mesmas constelacións no hemisferio norte, Galicia por exemplo, que no sur?
4. Como poden as estrelas axudarnos a sementar ou a recoller as colleitas?
5. Se os humanos miramos ao ceo dende antigo, será posible que outros organismos tamén fagan o mesmo? Será posible por exemplo que as aves empreguen as estrelas para orientarse na súa migración?
Unha constelación non é máis que un conxunto de estrelas que a nosa imaxinación convirtiu en imaxes uníndoas con liñas imaxinarias.
Recoñecer algunhas das constelacións máis visibles do noso hemisferio é relativamente fácil pero a maioría delas só son visibles nunha época do ano. Para orientarse facilmente en calquera época do ano só precisamos dunhas pautas moi sinxelas. (Ou usando o móbil coa aplicación Sky map)
A Osa Menor, coa estrela Polar ao final da constelación, podemos vela ao longo de todo o ano no horizonte de Galicia. Ademais esta constelación indícanos a posición do norte de forma que nos permite orientarnos no ceo. O problema é que a Osa Menor non é unha constelación moi visible, moitas noites apenas seremos capaces de intuíla no ceo. A solución para localizar a Osa Menor pode vir por dous sistemas:
- Localizando Casiopea. Este método ten a vantaxe de que podemos empregalo en calquera momento da noite xa que é visible de forma continua. Casiopea móvese ao longo do ano dando voltas ao redor da estrela Polar de forma que, se supoñemos que Casiopea ten forma de M, sempre mostra a posición da estrela polar no interior do M.
- Localizando a Osa Maior. Só podemos usalo cando esta constelación é visible no ceo. Nesta ocasión empregamos unha constelación moi luminosa, a Osa Maior, para localizar outra moito menos visible. O sistema é sinxelo. Trazamos unha liña entre as dúas estrelas finais da Osa Maior e continuamos esa liña unhas cinco veces ata atoparnos coa estrela Polar.
Unha vez temos localizado o norte o único que falta é abrigarnos ben e ir pouco a pouco aprendendo as constelacións que nos acompañan ao longo do ano.
E agora que xa estamos fóra coas estrelas seguro que empezan a xurdir dúbidas:
Pensamos a Ciencia
Que estamos vendo exactamente?
Constelacións
O Universo é un enorme baleiro no que flotan millóns de galaxias. Estas inclúen como compoñentes principais estrelas, planetas, nubes de gas e materia e enerxía escura. Todos estes compoñentes viaxan xuntos polo Universo. A nosa galaxia, A Vía Láctea que está formada por:
- Estrelas. Son corpos que emiten luz producida por elas mesmas.
- Sistemas planetarios. Cada vez coñecemos máis sistemas planetarios no Universo. Están formados por unha ou máis estrelas centrais e unha serie de corpos que xiran ao redor destas.
- Espazo interestelar. Porque si hai algo nunha galaxia é espazo, moito espazo.
Lemos a Ciencia
-Señores, calma, penso que, en realidade, xa estamos en pleno ceo- aclarou Michel Ardan. Un tras outro, os tres homes apartaron o panel de madeira que cubría o portelo. Barbicane abriu os ollos coma pratos: Mirade estas estrelas e esta escuridade que se estende entre a Terra e nós! Lográmolo, subimos ao espazo!
-Ei, carballeira! -berrou Ardan-. Marchamos para facermos unha boa merendiña sobre a Lúa!
As viaxes fantásticas de Jules Verne
Le o texto con atención e contesta as seguintes cuestións:
1. Cando Julio Verne escribe este texto as viaxes espaciais eran só un soño. Hoxe son unha realidade cotiá. Varias misións foron capaces de ir á Lúa, de traer rochas dela e incluso de xogar ao golf no noso satélite. A pesar de todas as probas que temos destas misións hai persoas que aseguran que nunca sucederon. Como lles demostrarías que realmente o home chegou á Lúa?
2. Sería posible unha merendiña sobre a Lúa? Poderiamos respirar na súa superficie?
O Sistema Solar é un conxunto de corpos celestes que viaxan xuntos polo espazo. Está formado por:
- O Sol é a estrela central.
- Planetas. Corpos redondos que xiran ao redor do Sol
- Mercurio
- Venus
- Terra
- Marte
- Saturno
- Xúpiter
- Urano
- Neptuno
- Satélites. Corpos que xiran arredor dun planeta.
- Cometas e asteroides.
A dinámica do Sistema Solar ofrécenos espectáculos grandiosos nas eclipses coa visualización das fulguracións solares.
Unha eclipse prodúcese cando un planeta, ou un satélite, se interpón no camiño da luz procedente do Sol. Nunha eclipse solar por exemplo, a Lúa situarase entre o Sol e a Terra tapando a luz solar. Nunha eclipse lunar será a Terra quen se interpoña entre o Sol e a Lúa.
A observación das eclipses esixe moito coidado posto que a redución de luminosidade dá unha falsa sensación de seguridade polo que podemos sufrir danos irreparables nos ollos. Isto non significa que non podaimos ver unha eclipse. Para ver unha eclipse lunar basta con poñer filtros no noso telescopio.
A Terra está en movemento no espazo. Móvese sobre si mesma e tamén ao redor do Sol e, son estes movementos os responsables de moitas das características que fan do noso planeta un lugar habitable.
O movemento da Terra sobre si mesma recibe o nome de rotación. Chamamos día ao tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre si mesma
A translación é o movemento que realiza a Terra ao redor do Sol. O tempo que tarda a Terra en dar unha volta completa arredor do Sol recibe o nome de ano e ten unha duración próxima aos 365 días.
Como o eixe de rotación da Terra está inclinado respecto ao plano de xiro ao redor do Sol, a cantidade de enerxía (radiación) que reciben as distintas zonas do planeta ao longo do ano son distintas. O momento no que recibimos máis radiación coincide co verán mentres que no inverno se produce a situación contraria. Vexamos o seguinte esquema para unha explicación máis precisa.
Nunha eclipse solar teremos que proxectar a eclipse sobre unha superficie. Na imaxe da dereita podedes ver unha eclipse solar proxectado sobre unha mesa no instituto de Ponteceso.
Pensamos a Ciencia
Por que quenta máis o sol no verán?
É o mesmo Sol que no inverno así que non pode ser que teña máis actividade no verán que no inverno. A resposta está relacionada coa inclinación.
Recapitulemos:
A duración do día varía no hemisferio norte:
-
- Solsticio de inverno. O 21 de decembro é o día máis curto, un día no que no Polo Sur non sae o Sol.
- Equinocio de primavera. O 20 de marzo a duración do día e da noite está equilibrada. A partir deste día as noites van sendo cada vez máis curtas ata o 21 de xuño, o solsticio de verán.
- Solsticio de verán. O 21 de xuño é o día máis longo do ano, un día que no Polo Norte dura 24 horas.
- Equinocio de outono. O 23 de setembro novamente a duración do día e a noite é igual. A partir deste día as noites van sendo cada vez máis longas.
-
A Lúa é a nosa compañeira de viaxe pola órbita solar. Como a Terra, a Lúa realiza dous movementos:
- Translación. É o movemento da Lúa ao redor da Terra. Neste movemento a Lúa acompaña á Terra comportándose como unha unidade.
- Rotación. Mediante este movemento a Lúa xira sobre si mesma permitindo a existencia dos días lunares.
Pinchando sobre a imaxe da dereita porderás ampliar o mapa luar. Ademais de montes (zonas altas) e mares (zonas planas que son grandes coladas de lava), na imaxe pódense ver os puntos nos que alunizaron as misións da NASA.
NUNCA MIRES Á LÚA SEN FILTROS DE PROTECCIÓN. PODES PERDER A VISTA.
A Lúa sempre provocou unha gran fascinación no home. Aparece no ceo dominando a vista e cambiando de aspecto, posición e horario, moitas características para ser considerado máxica. Hoxe seguimos mirando a Lúa coa mesma fascinación pero, grazas á Ciencia, con máis respostas ca preguntas.
Ao longo dun mes a Lúa vai cambiando de aspecto: son as fases da Lúa.
- En Lúa chea toda a Lúa aparece iluminada.
- Tras a Lúa chea comeza a minguante.
- Chega un momento no que o Sol está iluminando só a cara escura, nese momento estamos en Lúa nova, un momento no que non vemos a Lúa posto que a cara visible non ten iluminación.
- Na Lúa crecente. Pouco a pouco a superficie iluminada vaia aumentando ata chegar a Lúa nova.
Pensamos a Ciencia
Pode influír a Lúa sobre a Terra?
Planetas do Sistema Solar
Emparella a imaxe co planeta.
Explorando o Universo
Emparella a misión co planeta que estudou
Moi ben!
Proba outra vez!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0