Saltar navegación

Avaliación

Unha proposta didáctica como a presente esixe unha metodoloxía didáctica e unha avaliación adecuadas.

  1. Ao longo da unidade propóñense múltiples actividades de clase que poderán ser avaliadas mediante listas de cotexo. (Non se realizan propostas de peso para os distintos apartados da avaliación xa que é unha cuestión moi persoal e dependerá do programado por cada docente).
  2. As lecturas tamén poderán incluírse na avaliación mediante un anecdotario ou presentacións públicas.
  3. Realizar un glosario pode ser fundamental na avaliación xa que é un instrumento de aprendizaxe de enorme importancia.
  4. O traballo de investigación e os traballos sobre os científicos pódense avaliar segundo rúbricas.
  5. Os artigos desenvolvidos polos alumnos e publicados no blog da materia.
  6. Proponse tamén unha actividade de avaliación centrada no exercicio da divulgación científica.Os alumnos, organizados en grupos, introducirán entradas no blog da materia segundo as instrucións propostas no recurso:
  • Cada grupo presentará cinco cuestións sobre cada un dos apartados da materia estudada. 
  • Con cada pregunta realizarán unha entrada no blog da materia.
  • Proponse unha rúbrica para avaliar a actividade.

A avaliación debe considerarse en todo caso como un proceso aberto susceptible de retroalimentación. Para realizar un seguimento do proceso de avaliación poden empregarse medidas como:

  • Análise das dificultades atopadas no desenvolvemento das unidades.
  • Discusión na clase cos alumnos sobre cada un dos bloques traballados.
  • Elaboración de cuestionarios de retroalimentación.

Evidentemente esta necesidade de retroalimentación tamén é imprescindible no actual deseño polo que se agradece o envío das conclusións da retroacción para valorar a posibilidade de realizar cambios no presente proxecto. (bacharelato2009@gmail.com)