Traspasando fronteiras

Lendo a Ciencia

Ocultar

Islandia"É certo que os descubrimentos científicos se suceden a unha velocidade vertixinosa con respecto a como se sucedían no pasado, pero puiden ver que aínda quedaba un longo camiño por percorrer; que a medida que aprendemos algo se van abrindo novas frontes de coñecemento, e a ciencia vaise volvendo cada vez máis infinita. Pero iso nunca me abafou; pola contra, animoume a seguir lendo e estudando unha vez rematada a carreira, a seguir construíndo sobre os alicercerces firmes que adquirira. A día de hoxe aínda sinto que só coñecemos a punta do iceberg. E iso é marabilloso." Todo é cuestión de química. Deborah García Bello.

Le o texto con atención e contesta as seguintes preguntas:
1. Busca no dicionario as palabras que non entendas.
2. Cal sería o titular que porías á lectura?
3. Podes poñer un exemplo dunha teoría científica que se demostrara falsa? E dunha que saibamos con seguridade que é certa?

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Na Ciencia, como en calquera campo do coñecemento hai tramposos, persoas que inventan probas para intentar convencernos do que din.

Un caso recente e moi coñecido foi o de Andrew Wakefield que perdeu a súa licenza de médico por tramposo. Este señor manipulou un estudo para que parecera que a vacina triple vírica provoca autismo. Durante un tempo a súa idea foi revolucionaria ata que se demostrou que mentira e manipulara os datos. Aínda hoxe algunhas persoas mal informadas siguen crendo que as vacinas poden provocar autismo. Un desastre porque por non poñer as vacinas morre xente.

A Ciencia esixe poñer sempre a proba as investigacións de outros. Se non se poden repetir non son válidas. Así de claro.

Ocultar

Ciencia

A Ciencia avanza respondendo preguntas e abrindo outras novas cuestións para a análise. Neste progreso algunhas ideas que parecían verdadeiras rematan demostrándose falsas e outras que parecían imposibles convencen coas probas a toda unha comunidade científica. É importante, por tanto, ser cautos á hora de valorar as afirmacións científicas pero tamén debemos confiar nas respostas da Ciencia porque de estar equivocadas remataremos por atopar probas da súa falsidade.

CFCNa historia da ciencia temos moitos exemplos de grandes rectificacións, e a destrución da capa de ozono é un deles. Na década de 1930 unha nova familia de substancias empezou a empregarse como refrixerante, os CFCs (Clorofluorocarbonos). Moito menos contaminantes que as substancias empregadas ata entón, eran tamén menos inflamables: menos contaminación e menos risco: todo perfecto. Pronto o uso destas substancias, e doutras parecidas, estendeuse a outras aplicacións; desodorantes, insecticidas, etc.

Enfriaba e impulsaba substancias sen dano... ou non?

Cincuenta anos despois de comezar o uso masivo de CFCs comezamos a notar que os niveis de ozono na estratosfera estaban reducíndose. Curiosamente esa redución era maior na Antártida ca en ningún outro lugar do planeta. Como pode ser que xusto na rexión menos poboada da Terra estivera sucedendo isto?

Zona antártica sen ozono
NASA. Data Show Significant Antarctic Ozone Hole Remains [still] (CC BY)


A Ciencia tiña que poñerse a traballar para intentar entender o problema e rápido atopou a solución. Os CFC eran os responsables, esas substancias baratas e seguras rompían o ozono e permitían á radiación ultravioleta atravesar a atmosfera e provocar cancros, cataratas... E aínda había unha sorpresa maior, estes contaminantes seguirían destruíndo o ozono máis de cen anos despois de ser liberados á atmosfera.

Pouco despois de coñecerse o problema a comunidade internacional foi capaz de poñerse de acordo para intentar solucionalo mediante un acordo chamado Protocolo de Montreal. Grazas a el, rapidamente deixáronse de empregar CFC demostrando que somos capaces de atopar solucións rápidas aos problemas que provocamos.

 

Protección ultravioleta
AEMET. Sistema de protección solar recomendado en función do valor do índice de UV (CC BY)


Corenta anos despois de asinarse o tratado, e especialmente no hemisferio sur, seguimos sufrindo as consecuencias da destrución do ozono e os principais afectados son os animais. Os humanos poñemos gafas de sol, protector solar ou evitamos as horas de maior radiación pero o gando que pasta libre non pode facer todo isto polo que se ve moi afectado polo problema.

Os científicos esperan que para o ano 2050 empecemos a ver melloría na cantidade de ozono da estratosfera.

Os estudos sobre a destrución do ozono estratosférico permitiron tamén coñecer unha importante característica da contaminación atmosférica, a ausencia de fronteiras. Unhas substancias emitidas por Europa e Norteamérica, fundamentalmente, provocaron un problema en todo o planeta, pero especialmente na Antártida, Chile, Australia ou Sudáfrica. Unha vez que contaminamos o ar, as substancias que o ensucian viaxan a todas as partes da Terra democratizando os problemas e obrigándonos a tomar medidas consensuadas.

Pensando a Ciencia

Ocultar

En Galicia O Caurel é un dos lugares máis afectado pola contaminación atmosférica

Por que os contaminantes chegan a sitios tan alonxados da civilización como o Caurel e a Antártida?

Ocultar

.

Thinglink contaminación
Máis información sobre contaminación

Perigo contaminaciónOutra aprendizaxe do problema dos CFC rematou recibindo nome: Principio de Precaución. Despois de moitos anos de relación entre o home e a natureza unha cousa queda clara, temos tendencia a facerlle dano á natureza sen querer. Os CFC parecía que non tiñas problema, o carbón e o petróleo eran combustibles baratos e inocuos, levar coellos a Astralia non podía causar problemas... Evidentemente temos que intentar ser máis cautos coas nosas actuación e niso consiste o Principio de Precaución. Aplicado á mecánica dun avión poderíase enunciar así: Se non teño nin idea de mecánica de avións mellor que non toque o motor para intentar reparalo. Primeiro estudo e despois reparo. Aplicado á atmosfera diría que antes de empregar unha substancia ou unha tecnoloxía temos que asegurarnos de que non vai causar graves danos na natureza.

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Aplicar o principio de precaución non é fácil.

Por exemplo, estamos investigando nun novo medicamento que reduce moito os problemas da quimioterapia, o único tratamento demostrado contra o cancro.

Debemos esperar ata que se demostre que non causa problemas ou deberiamos permitir aos doentes empregar o tratamento? Canta xente morrerá ou sufrirá no camiño?

Ocultar


O maior problema de contaminación atmosférica ao que se enfronta agora mesmo a humanidade é o efecto invernadoiro causado polo home e, a súa consecuencia máis grave, o cambio climático antrópico.


O clima da Terra cambia de forma natural, e moito. Pasamos por glaciacións e por períodos moi cálidos cunha temperatura media que pode ir dende decenas de graos baixo cero ata cerca dos vinte graos centígrados. Como consecuencia destes cambios a dispoñibilidade de auga líquida varía e con ela a vida. Durante un período glaciar hai menos auga líquida polo que a supervivencia dos seres vivos é máis difícil. Nos períodos cálidos a cousa non mellora, as zonas desérticas aumentan e nas zonas húmidas as inundacións son un problema. Tendo en conta a súa importancia, que di a Ciencia sobre estes cambios?

Deserto
Se a temperatura media da Terra aumenta,a Península Ibérica sufriría un importante descenso das precipitacións. Chovería menos e cando o fixera sería moi forte e provocaria inundacións

En primeiro lugar sabemos que son cambios lentos, moi lentos. Sucedéronse ao longo da historia precisando millóns ou de centenares de miles de anos. A Terra toma os cambios con calma, os máis rápidos dos que temos constancia sucederon nuns poucos miles de anos. Evidentemente non estamos falando de pequenos cambios como o óptimo climático que fixo que os vikingos crearan colonias en Groenlandia. Durante este período, do século X ou XIV, a temperatura media da Terra non chegou a ser nin unha décima de grao superior á actual. Falamos de cambios de varios graos centígrados.

Na actualidade o cambio sucede en anos. A temperatura da Terra está aumentando moi, moi rápido.


Gases invernadoiro
Entre os gases que Entre os gasescausan o efecto invernadoiro hai dous vellos coñecidos, o ozono (O3) e os CFC. O ozono do que falamos neste caso non é o da estratosfera, é o troposférico que se produce como contaminante nos coches por exemplo.


A segunda cuestión que pode aclaranos a Ciencia sobre o cambio climático son as súas causas, e entre todas elas destaca o efecto invernadoiro, o noso gran aliado climático. A atmosfera filtra os raios solares deixando pasar só unha parte da radiación que vén do Sol. Unha vez estes chegan á terra, quentan a superficie e reemiten parte da radiación. É o mesmo que sucede cando quentamos unha pota ao lume, unha vez quente a pota reemite radiación, é dicir, queima. Esta radiación reemitida intenta saír ao espazo, pero as nubes, o dióxido de carbono (CO2) ou o metano, os gases invernadoiro, impiden que escapen mantendo quente a superficie. Se non fora polo efecto invernadoiro natural a temperatura media da Terra sería vinte graos máis baixa do que é agora, uns cinco graos centígrados baixo cero.


Nos períodos máis cálidos, como cando aparecen os dinosauros na era Paleozoica, sabemos que a cantidade de gases invernadoiro na atmosfera era moi alta. Nas glaciacións, por contra, había menos destes gases na atmosfera. De que depende entón a cantidade destes gases:Erupción volcánica

  • Das erupcións volcánicas. En 1815 a erupción do volcán Tambora en Indonesia enviou toneladas de subtancias á atmosfera. Ese ano a radiación do Sol non chegaba á superficie e Europa non tivo verán, nevou en xullo. Os anos seguintes estas mesmas partículas provocaron un aumento do efecto invernadoiro e un aumento da temperatura terrestre.
Rubia galega
L. Miguel Bugallo Sánchez. Vaca en Arzúa (CC BY-SA)

En realidade a cousa é un pouco máis complicada porque, por exemplo, as vacas producen moito metano que aumenta o efecto invernadoiro.



  • Da actividade dos seres vivos. Cantos máis quilogramos de carbono estean formando seres vivos menos hai na atmosfera. Cando os produtores, como as plantas, collen moito CO2 da atmosfera dan de comer a moitos consumidores primarios, como as vacas, e estes a moitos secundarios como os lobos. Aumenta a cantidade de seres vivos ao tempo que se reduce o CO2 da atmosfera e con el a temperatura da Terra.


Os humanos temos poucas posibilidades de aumentar ou reducir a frecuencia das erupcións volcánicas. A verdade é que nin sequera temos moi claro de que depende ese ritmo. Porén, temos moitas opcións de influír na cantidade de CO2 da atmosfera: é o efecto invernadoiro antrópico (causado polo home).
Cada vez que acendemos o motor dun coche, viaxamos en avión ou consumimos electricidade estamos aumentando a concentración de CO2 atmosférico e con el o efecto invernadoiro da Terra. Novamente un exemplo pode axudarnos a comprender mellor o problema.
Durante o Carbonífero, hai uns 300 millóns de anos, grandes árbores quedaron atrapadas baixo terra e remataron formando grandes cantidades de carbón. Ese carbón está formado por carbono procedente do CO2 atmosférico, polo que, durante o Carbonífero a cantidade desa substancia na atmosfera reduciuse. Con menos CO2 hai menos efecto invernadoiro e a temperatura da Terra baixa. Este proceso durou millóns de anos e, en consecuencia, o cambio de composición da atmosfera, e o cambio do clima, tamén tardaron ese tempo.
No século XX o home queimou grandes cantidades deste carbón liberando o carbono novamente á atmosfera, pero non o fixo en millóns de anos senón só en cen.
Acabamos de ver que ambos os procesos poden dar lugar a un cambio do clima pero mentres que o primeiro tarda millóns de anos, permitindo á natureza a adaptación ao cambio, o home está provocando un cambio no clima en só cen anos. Demasiado rápido para que os ecosistemas naturais cambien.

Que pasará con cambio climático?

E que consecuencias terá sobre España o cambio climático provocado polo home? Evidentemente as mesmas que calquera outro pero moito máis rápido:

  • Choverá menos polo que haberá menos auga doce dispoñible.Cando chova as precipitacións serán moito máis intensas dando lugar a inundacións.
  • Subirá o nivel do mar, un problema importante xa que a maior parte da poboación vive cerca das costas.
  • Enfermidades como a malaria poderán producirse en España a medida que suban as temperaturas.
  • ...

Na actualidade o cambio sucede en anos. A temperatura da Terra está aumentando moi, moi rápido.

Facemos a Ciencia

Ocultar

Malariaspot. Xoga contra a malaria

A malaria é unha enfermidade que provoca febre moi común en países cálidos. Os mosquitos transmiten a enfermidade na súa saliva e unha vez nos humanos provoca febre, debilidade e morte nos casos máis graves.

A malaria é unha enfermidade que mata a un neno cada minuto e cada ano se diagnostican 200 millóns de casos desta enfermidade.

O proxecto de ciencia cidadá Malariaspot no que axudamos a diagnosticar casos de malaria ao tempo que xogamos e competimos con outros xogadores. Como se trata dun proxecto científico, traballamos con mostras de doentes reais. 

O primeiro paso e descargar a aplicación (Android ou IOS) no móbil ou na tableta. Unha vez descargada no titorial vemos a diferenza entre as células sas e as infectadas.

  • Primeiro debemos detectar as células infectadas nunha mostra que xa está revisada e na que sabemos cantas células hai infectadas pero non onde están.
  • Despois facemos o mesmo nunha mostra sen revisar. Nesta mostra estamos axudando a diagnosticar a enfermidade nunha persoa polo que non sabemos se hai infección ou non . Miramos con atención, marcamos onde cremos que hai infección e pechamos.

Unha vez rematamos o primeiro ciclo repetirase e iremos subindo niveis. Primeiro unha mostra revisada e despois unha nova. Cada vez que xogamos estamos reducindo o tempo que custa diagnosticar a malaria nun enfermo.

Ocultar

Que podemos facer para solucionar este problema? Para empezar, e igual que fixemos coa destrución do ozono estratosférico, debemos pensar globalmente e buscar acordos internacionais para reducir as emisións dos gases invernadoiro. Neste caso o protocolo que controla o uso destas substancias chámase Protocolo de Kioto, por asinarse nesa cidade xaponesa. Porén, a maior parte da solución do problema non está nas mans dos gobernantes senón nas nosas:

  • Reduzamos o consumo de combustibles fósiles empregando os transportes colectivos, a bicicleta.
  • Evitemos o coche para rutas curtas que poidamos facer a pé ou en bicicleta.
  • Aforremos enerxía eléctrica. Moita da enerxía eléctrica que consumimos procede dos combustibles fósiles.
  • Reduzamos o consumo comprando menos, reciclando os produtos e reutilizando sempre que sexa posible.
  • ...

Xogamos

Ocultar

Poñamos a proba os nosos coñecementos.

Xogamos contra a contaminación

Ocultar

Antes de rematar lembrar que só fixemos unha breve descrición dos principais problemas de contaminación da atmosfera pero hai moitos máis...

RuídoUn dos menos coñecidos é o ruído. Estamos tan acostumados a el que non somos conscientes de que pode causar danos importantes: perda de oído, estrés ou insomnio.
A nosa sociedade é ruidosa; falamos alto, poñemos a música para que a escoiten os veciños, as terrazas compiten por ter a música alta, poñemos o altofalante para que calquera poida escoitar a música do teléfono... De todos os problemas de contaminación este é o máis fácil de solucionar porque só temos que pensar un pouco nos demais:

  • As noites son para descansar, reduzamos o volume.
  • Cando berramos obrigamos aos demais a facelo, falemos baixo e así reduciremos o ruído.
  • A xordeira é un problema. Cando levemos cascos, a música estará moi alta se alguén pode escoitala sen eles. Protexe os teus oídos.

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Evidentemente o ruído inflúe nos humanos, e nos animais?

Como poderías poñer a proba a influencia do ruído nos animais?

Pensa un deseño experimental e coméntao cos compañeiros.

Facemos a Ciencia

Ocultar

NoiseTube pide a nosa colaboración para elaborar un  mapa de ruído.