En caso de detectarse plaxio a cualificación do traballo será un 0.
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | |
Entrega do traballo | Non entrega o traballo ou entrégao tarde sen xustificación. | Entrega o traballo menos de dous días tarde sen xustificación. | Entrega o traballo tarde con xustificación pero máis de dous días despois do novo prazo de entrega. | Entrega o traballo tarde con xustificación pero cumprindo o novo prazo de entrega. | A entrega realizouse no prazo acordado. |
Estrutura | Non ten a estrutura acordada. Faltan os resultados. | Faltan tres apartados. | Faltan dous apartados. | Falta un apartado que no sexan os resultados. | Cumpre coa estrutura acordada. |
Ortografía | Non respecta as regras ortográficas. | Comete máis de dez faltas ortográficas. | Comete máis de cinco faltas ortográficas. | Comete entre cinco e dúas faltas ortográficas. | Comete un máximo dunha falta ortográfica. |
Presentación | Pobre. Non xustifica, non incorpora gráficos, imaxes, vídeos ou animacións. | Incorpora imaxes ou vídeos pero non gráficos. | Incorpora imaxes e gráficos. Os gráficos non son correctos | Incorpora imaxes e gráficos correctos pero non os relaciona cos contidos. | Incorpora imaxes e gráficos ben estruturados e explicados. |
Referencias | Non referencia ou referencia mal o material empregado. | Non referencia ou referencia mal a metade do material empregado | Referencia ben tres cuartas partes do material empregado. | Referencia ben máis de tres cuartos do material empregado pero non todo. | Referencia de forma adecuada todo o material |
Contido | O contido é incorrecto. | Contén incorreccións que afectan a tres ou máis apartados. | Contén incorreccións que afectan a dous ou máis apartados. | Contén incorreccións que afectan a un apartado. | O contido é correcto |
Título, resumo e abstract | Non inclúe título, resumo e abstract | Non inclúe título, resumo ou abstract. | Dous destes tres apartados non son correctos. | Título, resumo ou abstract non son correctos. | Inclúe un título resumo e abstract correcto. |
Conclusións | As conclusións non están baseadas nos resultados. | As conclusións están baseadas nos resultados pero non incorporan novas liñas de estudo. | As conclusións están baseadas nos resultados e incorporan novas liñas de estudo. | ||
Metodoloxía | A metodoloxía está moi incompleta ou non está. | A metodoloxía está incompleta ou non está ben explicada. | Metodoloxía completa e ben explicada. |