A estrutura da proposta permite que os alumnos traballen a distintos ritmos atendendo áos diversos intereses e capacidades. Ao mesmo tempo, a diversidade de recursos enlazados facilita que cada alumno poda profundar nas cuestións que lle resulten máis próximas e ilusionantes facilitando desta forma a aprendizaxe significativa.
O traballo en grupo que se propón tamén permitirá atender a diversidade poñendo distintos niveis, intereses e capacidades, de forma que se produza unha completa interrelación e favorecendo a inclusión de todos os rapaces.
A variedade e diversidade das actividades propostas permite que os alumnos participen segundo as súas capacidades, intereses... incluíndo ás asociadas aos alumnos con especiais capacidades.
Para alumnos con necesidades educativas especiais inclúese un apartado específico, "Distintas miradas ao ceo", no que os contidos se organizan dunha forma máis práctica e interactiva. O material está deseñado para alumnos con necesidades especiais que non precisen unha adaptación significativa que afecte a contidos e estándares de aprendizaxe.
Un aspecto moi interesante da proposta didáctica é que inclúe nos distintos apartados material de audio que facilita a súa utilización por parte de alumnos con déficit visual. Os PDF permiten ampliar o tamaño de letra e de imaxe sen dificultade polo que a inclusión de audioguías facilita moito máis a integración dos alumnos con discapacidade visual no curso normal da clase. Recoméndase combinar os formatos de texto e audio para completar o traballo con estes alumnos.(O peso das audioguías é importante polo que tardará un pouco en descargar e ocupará espazo na memoria.)