Guiadas polas estrelas

Actividade de lectura

Ocultar

Vía Láctea
Vía Láctea



É case seguro que os primeiros poboadores das covas e posiblemente as primeiras formas de vida humana miraron as estrelas cun sentimento de admiración. Na súa vívida imaxinación uniron certas estrelas brillantes en debuxos que representaron figuras de animais ou persoas con atributos pouco comúns. Estes debuxos, que agora chamamos constelacións, eran distintos entre os diferentes pobos do mundo. Dende tempos remotos, a xente observou as estrelas como axuda para viaxar por mares e desertos, saber cando sementar e colleitar, crear lendas, indicar o cambio de estación ou para aliñar os seus templos de adoración.

Milton D Heifetz e Wil Tirion. Un paseo por las estrellas

 

Le o texto con atención e contesta as seguintes cuestións:
1. Vemos as mesmas constelacións durante todo o ano? Por que?
2. Vense as mesmas constelacións no hemisferio norte, Galicia por exemplo, que no sur?
3. Como poden as estrelas axudarnos a sementar ou a recoller as colleitas?
4. Se os humanos miramos ao ceo dende antigo, será posible que outros organismos tamén fagan o mesmo? Será posible, por exemplo, que as aves empreguen as estrelas para orientarse na súa migración?

Ocultar

Unha constelación non é máis que un conxunto de estrelas que a nosa imaxinación converteu en imaxes uníndoas con liñas imaxinarias. A Osa menor, por exemplo, estaría formada por sete estrelas que unidas parecen representar unha osa ou un carro, depende de a quen lle preguntemos. As estrelas que forman as constelacións non están xuntas no ceo nin forman unha unidade, é máis, as estrelas que forman a Osa Menor, por exemplo, están separadas entre si por millóns de quilómetros.

Orión

Osa menor

Recoñecer algunhas das constelacións máis visibles do noso hemisferio é relativamente fácil, aínda que a maioría delas só son visibles nunha época do ano. Para orientarse facilmente en calquera época do ano só precisamos dunhas pautas moi sinxelas. (Ou usando o móbil coa aplicación Sky map)


A Osa Menor, coa estrela Polar ao final da constelación, podemos vela ao longo de todo o ano no horizonte de Galicia. Ademais esta constelación indícanos a posición do norte de forma que nos permite orientarnos no ceo. Non obstante, non sempre é tan sinxelo velo. A Osa Menor non é unha constelación moi visible, moitas noites apenas seremos capaces de intuíla no ceo. A solución pode vir por dous sistemas:

  • Localizando Casiopea. Este método ten a vantaxe de que podemos empregalo en calquera momento da noite xa que é visible de forma continua. Casiopea móvese ao longo do ano dando voltas ao redor da estrela Polar de forma que, se supoñemos que Casiopea ten forma de M, sempre mostra a posición da estrela polar no interior do M.

Casiopea e estrela Polar

Polar a partir da Osa Maior

  • Situando a Osa Maior. Só podemos usalo cando esta constelación é visible no ceo. Nesta ocasión empregamos unha constelación moi luminosa, a Osa Maior, para localizar outra moito menos visible. O sistema é sinxelo: trazamos unha liña entre as dúas estrelas finais da Osa Maior e continuamos esa liña unhas cinco veces ata atoparnos coa estrela Polar.

Unha vez temos localizado o norte, o único que falta é abrigarnos ben e ir pouco a pouco aprendendo as constelacións que nos acompañan ao longo do ano.

E agora que xa estamos fóra coas estrelas seguro que empezan a xurdir dúbidas:

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Que estamos vendo exactamente?

Pensamos a Ciencia

Ocultar

E que é o Universo?

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Como de grande é o Universo?

Tamaños do Universo

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Burato negro

Que é un burato negro?

Ocultar

Composición do Universo

Se estudamos a súa composición, o Universo observable está formado fundamentalmente por hidróxeno e helio, os dous átomos máis abundantes con moita diferenza. Só hai un problema, resulta que a maior parte do Universo está formado por materia e enerxía escuras, é dicir, non observables. Non coñecemos a maioría das características desta materia e enerxía escuras pero hai unha evidencia: non emiten radiación e por iso non as podemos detectar. Cun pouco de sorte, e moito traballo, igual algún de vós consegue o premio Nobel por desenmascarar esta parte do Universo.

Supercúmulo de Virgo
Fobos92. Supercúmulo de Virgo (CC BY-SA)

 


Atendendo a súa estrutura o Universo é un enorme baleiro no que flotan millóns de galaxias. Estas inclúen como compoñentes principais estrelas, planetas, nubes de gas e materia e enerxía escura. Todos estes elementos viaxan xuntos polo Universo podendo chocar con outras galaxias ou incluso formar grupos que se moven compasados. A nosa galaxia, A Vía Láctea, forma parte dun grupo dunhas trinta galaxias, o Grupo Local, que forma parte do Supercúmulo de Virgo.

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Materia

De que está feita a materia?

O Universo móstranos un espectáculo a gran escala. Xa vimos como nel as distancias son inmensas, como as velocidades ás que se moven os astros son enormes... Pero, de que está feito a pequena escala este Universo, cales son os compoñentes máis pequenos da materia?

Ocultar

As galaxias poden ter distintas formas, tamaños e composicións sendo algunhas delas visibles incluso con prismáticos ou con telescopios astronómicos sinxelos. Dous exemplos fáciles de localizar son a Galaxia de Andrómeda e a de Bode.
Dentro das galaxias atopamos:

O Universo e os seus compoñentes
Fernando de Gorocica. O Universo e os seus compoñentes (CC BY-SA)
  • Algol
    Modificado de Zwergelstern. Position Beta Per (Dominio público)
    Estrelas. Son corpos formados fundamentalmente por hidróxeno e helio que se atopan en estado de plasma. Nas estrelas prodúcense reaccións moi enerxéticas que fan que emitan radiación polo que son visibles no ceo nocturno. Moitas veces as estrelas están asociadas en sistemas de dúas, tres ou máis estrelas que xiran unhas ao redor das outras. Na constelación de Perseo, Algol é un sistema de dúas estrelas, binario, por tanto, que se pode ver a simple vista. Non ollaremos as dúas estrelas, pero si que, cada dous ou tres días, o brillo da estrela cambia moito. Cando a estrela máis brillante está diante parece moi luminosa, pero cando a menos brillante pasa por diante dela vemos menos luz no ceo.

  • Sistemas planetarios. Cada vez coñecemos máis sistemas planetarios no Universo. Están formados por unha ou máis estrelas centrais e unha serie de corpos que xiran en órbitas ao redor destas. (A órbita é o camiño que segue un corpo celeste ao redor doutro). Os planetas son corpos celestes cunhas características definidas:

Plutón
- Non emiten gran cantidade de radiación producida no seu interior. A Terra, por exemplo, emite pequenas cantidades de radiación, nada comparado co Sol.
- Ten que xirar ao redor dunha estrela, ou de varias.
- Debe ter unha forma esférica, ou case.
- Ten que ser o corpo dominante da súa órbita.


O motivo polo que Plutón foi degradado de planeta a planeta anano ten que ver con esta definición. Non é o corpo dominante da súa órbita, un dos seus satélites, Caronte é igual de masivo ca el e móvese pola mesma órbita ao redor do Sol.

  • Nebulosas. Nubes de gas e po onde nacen as estrelas e os sistemas planetarios. Algunhas delas son fáciles de observar co telescopio. (Nebulosa de Orión)
  • Buratos negros. Probablemente hai un no centro de cada galaxia.
  • Espazo interestelar. Porque si hai algo nunha galaxia é espazo, moito espazo.

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Burato de gusano?
Burato de gusano?


Se o Universo é todo, non hai nada fóra do Universo?

Ocultar

Hubble
NASA. Telescopio espacial Hubble (Dominio público)


Tendo en conta que o Universo é todo: espazo, tempo, materia... Se tivo unha orixe significa que houbo un momento no que non existía nada e desta nada debeu orixinarse o Universo. Sorprendente, non? Pode formarse algo de nada? Seguro que a nosa imaxinación pode axudarnos a responder a estas preguntas pero a Ciencia precisa evidencias, probas, polo que á nosa tarefa se complica. Busquemos solucións.


A primeira proba de que o Universo tiña unha orixe proporcionouna un científico Edwin Hubble que dá nome ao gran telescopio espacial Hubble. Estudando o movemento das galaxias observou que todas as galaxias estaban afastándose unhas doutras. Se agora están distanciándose, no pasado estiveron todas xuntas nun punto, na orixe do Universo. A teoría que explica a orixe do Universo como un proceso de expansión chámase Big Bang. Segundo esta teoría hai uns 13 800 millóns de anos nun punto concreto iníciase o noso Universo comezando un proceso de expansión que dura ata hoxe.

Radiación de microondas
NASA. Ilc 9yr moll4096 (Dominio público)

Esta imaxe proporciona unha das probas máis interesantes do Big Bang. Como calquera teoría científica o Big Bang ten moitas probas que o demostran e ningunha que diga que é falso.




Pensamos a Ciencia

Ocultar

Se o Universo tivo unha orixe... Vai ter un final?

Facemos a Ciencia

Ocultar

O proxecto de Ciencia cidadá Globe at Night pide a nosa colaboración para facer un mapa de contaminación lumínica empregando as estrelas.

Sal e compara o ceo que ves coas distintas opcións de Globe at Night.

O proxecto Globe at Night pide a nosa colaboración para facer un mapa de contaminación lumínica empregando as estrelas.