Trátase dun traballo deseñado para ser desenvolvido ao longo de todo o curso dunha forma autónoma e paralela ao resto dos contidos da materia. Na unidade o profesor será fundamentalmente un colaborador nun proceso de aprendizaxe abordado dende distintas perspectivas para favorecer a implicación dos alumnos.
A proposta metodolóxica realízase pensando en organizar aos rapaces en grupos heteroxéneos que permitan retroalimentación no proceso de aprendizaxe. En calquera caso tamén se propoñen actividades a realizar de forma individual.
Tendo en conta que presentamos a unidade como unha aplicación daremos moita importancia ao intercambio de información, traballo... mediante os recursos da web 2.0.