
Todos temos un libro que nos espera, do mesmo xeito que a todos nos agarda un amor nalgún sitio: a cousa é descubrilo. Os que non gozan coa lectura son aqueles que non atoparon aínda ese libro, esa obra que os atraparía e os deixaría trementes e exhaustos como sempre deixan as grandes paixóns. Síntoo por eles.
Rosa Montero
A maioría dos libros que lemos contan unha historia inventada que nos leva a vivir: aventuras, amores, crimes: son as novelas.
Hai outro tipo de lecturas que, facéndonos tamén vivir avatares, non son ficción senón que nos achegan información sobre un campo de coñecemento. Este xénero literario é o ensaio, e ten toda unha sección dedicada á Ciencia. Del serán as recomendacións lectoras deste recurso:
A historia da obsesión da humanidade coa vida en Marte é longa e gloriosa, aínda que os optimistas lanzaran fantasías sobre a vida no Sistema solar, Marte sempre pareceu o único emprazamento probable. Ao igual que Venús, está relativamente preto da Terra. Porén mentres que Venus está amortallado en nubes, a superficie de Marte é sedutoramente visible.
A estrela Sirio na constelación do Can Maior parece ser considerablemente máis brillante que Rigel en Orión. Porén, Rigel é miles de veces máis brillante que Sirio. Rigel parece máis débil porque está a máis de mil anos-luz, mentres que Sirio está a tan só 81 ou 82 anos luz.
Primeira e segunda noites. Onte, o seu calendario sinalaba lúa nova. Chegou, pois, o momento de iniciar a exploración do noso satélite. Non obstante, o primeiro reto consiste en conseguir detectar a Lúa, que acaba de comezar unha volta máis ao redor da Terra.
En xaneiro de 2014, a Mario diagnosticáronlle leucemia no hospital Arnau de Valencia. O tratamento médico consistía nun transplante de medula ósea e quimioterapia. Só tiña 21 anos cando lle detectaron a enfermidade. Mario, estudante de Física, decidiu non operarse, abandonar a quimioterapia e apostar polas terapias alternativas. Seis meses despois, Mario faleceu. O seu pai, Julián, loita para que se faga xustiza
A expedición estivo perseguida pola desgraza. Os horrores da selva virxe -enfermidades tropicais, animais salvaxes e ataques dos hostís indios motilóns con frechas envelenadas- causaron numerosas vítimas: do equipo de vinte homes que, dirixido polo xeólogo suízo François Loys, partiu o ano 1917 na busca do ouro negro -petróleo- nas case inexploradas xunglas montañosas da Serra de Perijá, situada entre Colombia e Venezuela, só quedou un puñado de superviventes. A empresa colleitou un rotundo fracaso, aínda que legou á posteridade un enigma que hoxe continúa sumido no misterio: a fotografía dun gran mono descoñecido.
Quen traballa nas fábricas de procesado de alimentos son concientes dos perigos derivados da presenza de anacos de metais nos produtos alimenticios. Os gandeiros que comparten a mesma preocupación respecto ao seu gando, idearon un sistema chamado "imán de vaca", que consiste nun pequeno imán redondeado que a vaca engule cando é un tenreiro. O imán é moi pequeno e moi suave, de tal modo que non prexudica de ningún modo ao animal. Incluso pode dicirse que o protexe, pois atrae as pequenas pezas de arame que poda trabar mentres pasta, evitando graves perforacións de estómago do animal.
Para os amantes dos cómics tamén temos exemplos de ensaio científico en forma de album ilustrado.
Buscas unha mascota nova? Que che parece un peixe que brille na escuridade? É un peixe cebra normal e corrente cunha cantas células engadidas que reflicten a luz, por cortesía dun laboratorio de xenética. Cando saíu á venda nos Estados Unidos en 2003, converteuse na primeira mascota transxénica do mercado
La Era máis recente da historia da Terra é o Cenozoico. Abarca os últimos 65 millóns de anos, é dicir, dende a catástrofe biolóxica que supuxo a gran extinción de finais do Cretácico ata os nosos días. Neste período de tempo, a vida e o planteta cambiaron moito, deixando en ocasións poucas evidencias.
Dende moi antigo os homes visitaron e habitaron as illas Cíes. Atopáronse nas Cíes restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3 500 a.C. aínda que os restos do primeiro asentamento humano do que se ten constancia son dun castro de comezos da Idade do Ferro
1. Acércate a un campo ben grande cun balón de futbol e colócalo no chan para representar o Sol.