Entre o ceo, a auga e a terra

Arao papagaio
Araos papagaio na costa de Islandia. Tras criar no norte estas aves viaxan cara ao sur e chegan a Galicia


Entre as aves tamén hai clases.

Hainas amantes da auga, como os corvos mariños ou o arao papagaio. Grandes nadadores e mergulladores pero non tan bos voadores.

Outras teñen tal coñecementos da atmosfera que poden voar centos de quilómetros planeando nas correntes de ar. É o caso dos mascatos ou os albatros.

E outras están moi apegadas á terra, non son moi de voar e tampouco de andar pola auga. A perdiz, a avenoiteira ou a avutarda son exemplos deste grupo de aves.

Como todas son da familia, non imos facer excepcións e imos entrar na casa de todas elas.