Cos pés na terra

Lemos a Ciencia

Ocultar

Sneffels
Volcán Sneffels. Islandia



Pero fíxate, fíxate nisto! -espetoume completamente emocionado. O texto dicía máis ou menos o seguinte:"Descendendo no cráter do volcán Sneffels nos últimos días de xuño, ao amencer, no lugar que che indica a sombra do monte Scartaris. Daquela, viaxeiro destemido, atoparás no medio do cráter a entrada da pasaxe que te conducirá ao centro da Terra. Iso foi o que fixen. Arne Saknussemm.

As viaxes fantásticas de Jules Verne

 

Le o texto con atención e responde as seguintes cuestións:
1. Busca no dicionario as palabras que non entendas.
2. Pódese entrar ata o centro da Terra dende un volcán?
3. Que hai no interior da Terra? Auga, rochas, dinosauros...

Ocultar

Fiordo
Fiordo en Nova Zelandia

 

Nova Zelandia está nas antípodas de Galicia, é dicir, se fixésemos un burato dende Galicia, atravesásemos toda a Terra e saísemos polo outro lado, atopariámonos nese país. Por desgraza ese tipo de viaxes son tan imaxinarias coma as de Julio Verne.

Os xeólogos empregan uns trades enormes, as perforadoras, que como máximo chegaron a profundar ata algo máis de doce quilómetros.

Pensamos a Ciencia

Ocultar

Os métodos de estudo da Terra teñen que solucionar un problema, temos que estudalos sen mirar dentro. A Terra ten 6 370 quilómetros de radio e só conseguimos taladrar os 12 primeiros quilómetros. Como saber que hai dentro?

Imos practicar esta dificultade analizando unha mazá cun pelador como única ferramenta. Non podes romper a mazá, nin collela, nin mirala con raios X e, por suposto, non podes quitar máis que o anaco de pel que saque o pelador.

Pensa métodos de estudo para saber como é a mazá por dentro.

Ocultar

A primeira información que nos proporcionaron este métodos é que a Terra é un planeta compacto e case esférico. O noso planeta é unha gran masa de rocha sólida no que a temperatura vai aumentando ata alcanzar máis de 6 000 ºC na zona máis interna, o núcleo.

Estrutura da TerraOs científicos definen tres capas no interior da Terra:

  • A Codia. A capa superficial e mellor coñecida. Ten unha profundidade media de 50 km.

  • O Manto comeza baixo a codia e chega ata os 2 900 km de profundidade. As ondas dos terremotos fan pensar que hai dúas capas diferentes dentro do manto. Un manto superior e un manto inferior.

  • O Núcleo, a zona máis interna. Comeza nos 2 900 km de profundidade e remata sobre os 6 370 km no centro da Terra. Como sucedía co Manto tamén se divide en dúas capas: un núcleo externo sólido e un núcleo interno fundido.

Codia, Manto e Núcleo son as capas clásicas da Terra pero realmente estas capas non existen, son unha forma fácil de intentar entender a estrutura da Terra. Non hai unha fronteira entre Codia e Manto ou entre Manto e Núcleo. Trátase dunha estrutura tan artificial coma os límites entre os concellos, pero peor sinalizada xa que non hai nada que nos marque onde acaba unha e empeza a outra.

Lemos a Ciencia

Ocultar

Marisma
Esteiro do Anllóns



Pero, como se pode saber que acontecementos sucederon na Terra hai centos de millóns de anos? A resposta está nas rochas. Igual que un detective analiza o lugar do crime para reconstruír os acontecementos, os xeólogos e os paleontólogos estudan as rochas e os fósiles para deducir a historia da Terra e da Vida.

Geosites. Aportación española al patrimonio geológico mundial.

 

Le o texto con atención e responde as seguintes preguntas:
1. Busca no dicionario as palabras que non entendas.
2. Que aspectos das rochas cres que poden axudarnos a coñecer a historia da Terra? Cor? Sabor? ...
3. No texto falan de fósiles e rochas pero, realmente hai moita diferenza entre un fósil e unha rocha?

Ocultar

Aves

Os materiais que forman a superficie da Terra reciben dous nomes: rochas e minerais. Como podedes ver non se chaman pedras. Unha pedra é algo que tiras a un lago para ver se es capaz de facer que rebote varias veces antes de afundir, unha rocha ou un mineral implican conceptos máis profundos.

Olivinomineral Rochaxisto

Ocultar

Os minerais

Os minerais son os compoñentes das rochas. A definición de mineral é moi clara e todo o que non cumpra as normas non pode ser considerado como tal:
1) Son sólidos inorgánicos e de orixe natural.
2) Cunha composición definida.
3) Cunha estrutura cristalina.
4) Cunhas propiedades determinadas. Precisamente estas propiedades son as que empregamos para distinguir os minerais no campo:

Cor da raia. É a cor do po fino dun mineral sobre unha superficie branca. Normalmente emprégase unha placa de porcelana para coñecer a cor da raia dun mineral.

Raia

Ra'ike. Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite and their characteristical streak color (CC BY-SA)

2. Dureza. É a resistencia que ofrece un mineral a ser raiado. Para determinar esta propiedade empregamos unha escala, a de Mohs, que define dez niveis de dureza.

1 Talco Talco - Non raia a ningún outro mineral.
- É raiado por todos os demais minerais da escala.
2 Xeso Xeso - Raia ao talco pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado pola calcita, a fluorita, a apatita, a ortosa, o cuarzo, o topacio, o corindón e o diamante.
3 Calcita Calcita - Raia ao talco e ao xeso, pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado pola fluorita, a apatita, a ortosa, o cuarzo, o topacio, o corindón e o diamante.
4 Fluorita Fluorita - Raia ao talco, ao xeso e á calcita, pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado pola apatita, a ortosa, o cuarzo, o topacio, o corindón e o diamante.
5 Apatita Apatita - Raia ao talco, ao xeso, á calcita e á fluorita, pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado pola ortosa, o cuarzo, o topacio, o corindón e o diamante.
6 Ortosa Ortosa - Raia ao talco, ao xeso, á calcita, á fluorita e á apatita, pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado polo cuarzo, o topacio, o corindón e o diamante.
7 Cuarzo Cuarzo afumado - Raia ao talco, ao xeso, á calcita, á fluorita, á apatita e á ortosa, pero non ao resto dos minerais da escala.,
- É raiado polo topacio, o corindón e o diamante.
8 Topacio Topacio - Raia ao talco, ao xeso, á calcita, á fluorita, á apatita, á ortosa e ao cuarzo, pero non ao resto dos minerais da escala.
- É raiado polo corindón e o diamante.
9 Coríndón Corindón - Raia ao talco, ao xeso, á calcita, á fluorita, á apatita, á ortosa, ao cuarzo e ao topacio, pero non ao diamante.
- É raiado polo diamante.
10 Diamante Diamante - Raia a todos os demais minerais da escala.
- Non se raia con ningún outro mineral da escala.

KahootescalaMohsA dureza dun mineral obtense a partir da escala analizando se raia ou é raiado polos dez minerais da escala de Mohs.

A escala de dureza de Mohs é moi útil cando dispoñemos de todos os minerais que a compoñen pero case ninguén se pasea con eles polo monte. Unha escala simplificada que nos axuda a clasificar a dureza dos minerais emprega materiais máis correntes:

  • Moi brando. O mineral raiase coa uña. (Dureza 2,5)
  • Brando. Non se raia coa unlla pero non é capaz de raiar unha moeda de céntimo. (Dureza 3)
  • Duro. Raia ao cobre pero non o aceiro (unha navalla ou un coitelo) (Dureza 5)
  • Moi duro. Raia ao vidro. (Dureza superior a 5,5)


Empregando este método os valores non son exactos pero sirven para facernos unha idea aproximada da dureza do mineral e non temos que andar polo monte con todos os minerais da escala de Mohs.

3. Transparencia. A transparencia pode ser moi útil á hora de identificar un mineral no campo.

Transparente Esta calcita (espato de Islandia) é un mineral transparente posto que deixa pasar a luz de forma que podemos ver a través dela. Calcita transparente
Translúcido Esta halita é translúcida xa que deixa pasar a luz, pero non podemos ver claramente a través dela. Halita translúcida
Opaco A ortosa é un mineral opaco porque non deixa pasar a luz. Ortosa opaca

4. Brillo. Chamamos brillo ao aspecto que ten a superficie dun mineral cando se reflicte a luz nela. Normalmente diferenciamos dous tipos de brillo e varios subtipos.

Tipo de brillo Subtipo Definición Exemplo
Brillo metálico Aspecto de metal Hematites

Brillo

non metálico

Vítreo Parecido ao brillo do vidro Fluorita
Graxo O mineral parece cuberto de aceite. Talco
Nacarado Co aspecto dunha perla ou do interior dunha cuncha. Moscovita

Reacción ClH

5. Reacción co HCl. Algúns minerais reaccionan producindo burbullas cando se poñen en contacto con ácido clorhídrico (HCl) diluído. Aínda que pareza mentira, é práctico levar un bote desta substancia cando queremos buscar minerais. Pero sempre ben diluído en auga para evitar que nos faga unha queimadura.

6. Cor. Seguramente para a maioría das persoas interesadas nos minerais a cor debería ser unha das primeiras propiedades que se empregaran para distinguilos, pero nada máis lonxe da realidade. A cor é unha propiedade mentireira: moitos minerais poden ter moitas cores distintas, polo que debemos ser moi coidadosos á hora de empregar a cor como criterio para diferenciar minerais.

Todas as mostras son do mesmo mineral, o xeso
Xeso Xeso Rosa do deserto

Thinglink minerais

7. Outras como exfoliación, peso específico, magnetismo ...

Na Terra existe unha ampla variedade de minerais pero entre todos eles destacan os silicatos. Estes minerais forman máis do 90 % da codia terrestre, a capa máis superficial da Terra. Son silicatos:

Ocultar

Mineral Propiedades Imaxes

Rochas nas que

aparece

Cuarzo Duro, con raia branca e brillo vítreo.

En estado puro o cuarzo é de cor branca e transparente, pero raramente ten esta cor. Normalmente as impurezas que presenta fan que tome outras cores: violeta, gris, rosa...

Cuarzo amatistaCuarzo

Gneis

Granito

Ortosa Menos duro que o cuarzo polo que será raiado por el. As características de cuarzo, ortosa e plaxioclasa son moi parecidas polo que a dureza pode servir como característica distintiva.
Coa raia branca e brillo vítreo presenta con frecuencia cor rosada ou salmón.
Ortosa

Granito

Gneis

Plaxioclasa

O nome deste grupo de minerais fai referencia á maneira na que rompe (a exfoliación). Na imaxe da dereita pódese ver esa forma característica.


O cuarzo tamén raia ás plaxioclasas pero a dureza da ortosa e as plaxioclasas é similar. Normalmente estas últimas son algo máis duras.

Plaxioclasa Granito
Micas Grupo de minerais brandos e con raia branca que se definen por romper en láminas moi finas.
En Galicia son fáciles de atopar dous tipos de micas:

Moscovita

Biotita

Micas

Xisto micáceo

Aínda que menos abundantes, hai moitos minerais que non pertencen ao grupo dos silicatos. Por exemplo:

Mineral Propiedades Imaxe

Rochas nas que

aparece

Calcita Mineral brando, con raia branca e unha forte reacción ante o ácido clorhídrico.
Forma parte das calcarias, un grupo de rochas moi abundante na Península Ibérica.
Calcita Calcaria de montaña
Pirita Mineral metálico, duro e con raia verde a gris escura.
Coñecido polo ouro do parvo polo seu parecido con este metal, pódese diferenciar del pola tendencia a romper en cubos.
En Galicia atópase con frecuencia asociado a lousas.
Pirita Pirita en lousas
Galena Mineral metálico, brando con raia gris escura e unha débil reacción co ácido clorhídrico que produce olor a ovos podres.
Rompe en cubos menos perfectos que a pirita.
Galena Galena

Ocultar

As rochas


Na natureza varios minerais aparecen asociados formando as rochas. O granito, por exemplo, é unha rocha formada por minerais como o cuarzo, a ortosa, as plaxioclasas e as micas.

Obsidiana
Obsidiana


Normalmente as rochas están formadas por varios minerais pero tamen hai excepcións:

  • Algunhas rochas como a obsidiana ou o carbón non están formadas por minerais.
    • A obsidiana é unha rocha producida ao arrefriar rapidamente a lava dun volcán. Non é un mineral porque non cumpre unha das características que todo mineral debe ter: non ten unha estrutura cristalina.
      Carbón
      Carbón

    • O carbón, pola súa parte, non é un mineral porque non foi orixinado por un proceso inorgánico. O carbón fórmase a partir de restos vexetais grazas, entre outros procesos, á actividade de seres vivos.

  • Hai rochas que están formadas por un único mineral. É o caso, por exemplo, da cuarcita, formada por cuarzo, ou das calcarias, formadas por calcita.

Thinglinkrochaseminerais

Segundo a súa orixe as rochas clasifícanse en tres grandes grupos:
Fonte de lava1. Rochas ígneas ou magmáticas. Fórmanse a partir da solidificación dun magma. No interior da Terra as temperaturas chegan a valores tan altos que poden provocar a fusión das rochas; cando isto sucede as rochas fundidas reciben o nome de magma.

Cando un magma sae á superficie comezan a escapar os gases e recibe o nome de lava. Na imaxe da dereita vedes unha imaxe dunha colada de lava dun dos volcáns máis activos do planeta, o Kilawea. Este volcán provocou grandes danos na illa de Hawai na erupción do ano 2018 pero normalmente é unha fonte de recursos para a illa xa que é o volcán máis visitado por turistas en todo o planeta. A maioría das veces o Kilawea produce erupcións tranquilas con fontes de lava como a da imaxe e poucos danos.

Central xeotérmica
Central xeotérmica en Islandia. Nesta central aprovéitase o calor do volcán Krafla para producir vapor que move unhas turbinas xerando electricidade. Produce tan barato que o goberno islandés pode ofrecer electricidade gratis ás industrias. Galicia está sufrindo este problema xa que as empresas marchan buscando mellores condicións.

Os volcáns poden destruír casas ou estradas, pero tamén forman grandes cantidades de rochas. Islandia, un país volcánico, vende grandes cantidades destas rochas para a construción. Este mesmo país aproveita tamén os seus volcáns para producir enerxía eléctrica barata nas súas centrais xeotérmicas.

 

Ocultar

2. Rochas sedimentarias. A choiva, o vento ou o xeo rompen as rochas producindo sedimentos. Estes acumúlanse nos lugares nos que a forza do vento ou a auga se reduce. Nas rochas sedimentarias é frecuente poder distinguir capas chamadas estratos.

3. Rochas metamórficas. Unha vez formadas as rochas, xa sexan sedimentarias ou ígneas, poden sufrir cambios na súa composición ou estrutura dando lugar a un novo tipo de rochas chamadas metamórficas. Nas rochas metamórficas é frecuente atopar bandas claras e escuras ou incluso unha estrutura laminar.

Xogamos

Ocultar

Unha vez rematado o repaso aos tipos de rochas, chega o momento de demostrar o aprendido:

  • Sabes distinguir os tipos de rochas? Lembra que as características fundamentais que as distinguen son:Kahoot rochas

- As rochas sedimentarias están formadas por anacos e poden ter fósiles.


- As rochas metamórficas soen mostrar bandas ou láminas

- As rochas ígneas poden ser de dous tipos:

- Intrusivas. Nas que vemos claramente os minerais que as forman.
- Extrusivas. Non están formadas por anacos nin adoitan presentar bandas ou láminas. Normalmente non se ven os minerais que as forman e, de verse, non ocupan toda a rocha senón que teñen por medio unha pasta sen minerais visibles. Poden ter buratiños causados polas burbullas ao saír.

    Minerais e rochas

    Ocultar

    img403_17

    Ocultar

    O estudo do territorio é fundamental para coñecer a situación de posibles reservas de minerais ou rochas. Para facelo é imprescindible empregar os Sistemas de información xeográfica (SIX), un conxunto de ferramentas que permiten estudar xuntos mapas, distribución de rochas ou minerais, vexetación, poboación... Vexamos algún exemplo.


    A Xunta de Galicia pon á nosa disposición un SIX (Visor da Xunta) de fácil manexo e que proporciona moita información. Especialmente curioso é o comparador de imaxes. A primeira ferramenta arriba á esquerda. Unha vez pulsamos abre outra ventá que, mentres arrastramos a barra vertical, compara as dúas imaxes que queiramos.

    Comparador Visor Xunta
    Cartografía cedido polo Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia
    Na imaxe da esquerda vemos As Pontes e García Rodríguez no ano 1956-57 e na da esquerda a imaxe do ano 2014 co gran lago da mina.

    Os visor permite engadir datos, capas, ao mapa básico premendo sobre selección de capas (1). Na imaxe vemos como podemos visualizar, por exemplo, as Reservas da Biosfera de Galicia só pulsando no recadro (2). Se engadimos varias capas podemos aumentar ou reducir a transparencia da capa para poder ver varias ao mesmo tempo (3).

    Visor SIX explicado
    Cartografía cedida polo Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia

    O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) proporciona un visor similar ao da Xunta en manexo e estrutura. Neste novo visor inclúense datos xeolóxicos que poden axudarnos a explotar os recursos mineiros. O IGME permite coñecer tamén coñecer o patrimonio mineiro de Galicia e os lugares nos que se realizan explotacións de rochas e minerais industriais. Abrindo este último visor observamos como o mapa de Galicia mostra gran cantidade explotacións de rochas: o mapa aparece cheo de puntos verdes que sinalan explotacións actuais e pasadas; é Galicia unha potencia mineira? Vexamos.

    Ocultar

    Canteira
    Explotación de pedra para construción en Santiago de Compostela.

     

    En Galicia as explotacións máis frecuentes son as canteiras que son minas a ceo aberto de áridos ou pedra natural.

    Os áridos son materiais triturados que se empregan en construción. Con diferenza é o tipo de minería máis frecuente en Galicia e repártense por todo o territorio.

    Antiga mina de ouro
    Antiga mina de ouro no Caurel. En Galicia atopamos moitos exemplos de antigas explotacións mineiras como a da imaxe.


    Na explotación de pedra natural incluímos as lousas e os granitos. Ambos os materiais foron utilizados dende sempre na construción das casas galegas. As lousas son a explotación mineira que máis rendemento económico achega á nosa comunidade, tanto en empregos como en vendas. Os minerais metálicos en Galicia non son agora un recurso importante. Existen pequenos xacementos metálicos que só son rendibles cando o prezo da mena está moi alto.

    É moi importante ter en conta que a extracción de recursos mineiros ten uns riscos e provoca unha serie de impactos.

    Entre os riscos destacan os accidentes laborais ou a rotura de balsas de residuos. Por desgraza en moitas ocasións os residuos das explotacións mineiras quedan abandonados como sucedeu no caso da mina de wolframio do Monte Neme. A empresa que explotaba a mina quebrou no ano 2012 deixando as balsas sen control. Dous anos despois unha das balsas provocou unha riada que destruíu todo ao seu paso.

    Metais preciosos no ordenador
    Cando tiramos un ordenador ao lixo perdemos todos os seus compoñentes. Reciclar aforra materiais e enerxía.


    Os principais danos que provoca a minería son dous:

    1. A contaminación dos solos, da auga e do aire.
    2. O Esgotamento de recursos. Os minerais e as rochas son recursos non renovables porque tardan millóns de anos e formarse e uns segundos en consumirse.

    A solución do problema está na redución do consumo, na recuperación e na reciclaxe. Dando moitos usos a un mineral reducimos a necesidade de obtelos por minería.

    Xogamos

    Ocultar

    KahootmineríaA minería é imprescindible para a nosa vida.

    Como individuos intelixentes é o noso labor procurar reducir os problemas e aumentar as vantaxes mediante:

    • Un consumo responsable. Consumir menos, recuperar e reciclar.
    • Unha minería responsable. Que respecte o patrimonio de todos.

    Ocultar

    Recursos enerxéticos
    PetrelsAs aves son as grandes dominadoras dos ceos. A súa adaptación ao medio aéreo deu lugar a grandes acróbatas como o gabián, a pequenos velocistas como o falcón peregrino que alcanza case os 400 km/h e a magníficos planadores como os mascatos ou os voitres.

    Por desgraza a súa capacidade para planar está provocando interferencias entre as aves e as actividades humanas, especialmente coa produción de enerxía nos muíños eólicos e coa distribución de enerxía nas torres de alta tensión. Analicemos o problema e posibles solucións.

    Necesitamos enerxía. Sen luz ou sen gasoil a nosa vida sería moito máis difícil. De onde procede a enerxía eléctrica que consumimos e como chega a nós?

    Térmica de Meirama
    Sobreira. Vista aérea de la central térmica de Meirama (CC BY-SA)

    Nesta central térmica de cabón vemos a cheminea botando vapor de auga xunto á outra, pintada de branco e vermello, que libera contaminantes.


     

    Os recursos enerxéticos son substancias ou enerxías das que podemos obter enerxía e clasifícanse en dous grandes grupos:

    • Non renovables. Son substancias que é imposible renovar unha vez gastadas ou que se renovan a ritmos tan baixos que é imposible usalos a esa velocidade. Os principais recursos enerxéticos non renovables son o carbón, o petróleo, os materiais radioactivos e o gas.

    Carbón, gas e petróleo producen enerxía eléctrica nas centrais térmicas que os queima como combustible.

    A maior central térmica de España está en Galicia, é a central das Pontes de García Rodríguez que emprega carbón e gas natural para producir enerxía eléctrica. A torre de 350 metros de altura libera contaminación que se espalla en moitos quilómetros á redonda.

    Chernobil
    Alexander Blecher. Chernobyl Exclusion Zone (2015) 77 (CC BY-SA

    A cidade abandonada de Chernobyl é recordatorio das graves consecuencias que pode ter un problema nunha central nuclear. En 1986 unha explosión na central obrigou a abandonar a cidade e provocou unha nube radioactiva que avanzou sen recoñecer fronteiras. Máis de 30 anos despois séguese sen poder acceder á zona

     

    As centrais nucleares non queiman combustible nunha caldeira senón que usan combustible raioactivo.
    O principal problema destas centrais é a posibilidade dunha fuga radioactiva.
    Depositar de forma segura residuos radioactivos que poden causar danos durante miles de anos non é tarefa fácil. Durante o século pasado moitos países europeos atoparon unha solución fácil e rápida a este problema: tiralos ao mar. No fondo do mar non se ven e non molestan pero, que pasa con eles unha vez no fondo? Os barcos galegos foron pioneiros na protesta contra esta práctica, grazas a eles Suíza ou Holanda deixaron de tirar residuos nucleares na Fosa Atlántica, cerca de onde descansa o Prestige.

    • Renovables. Son substancias ou enerxía que se forman a unha velocidade suficiente como para que non gastemos as reservas.
    Central hidroeléctrica
    Tomia. Recorrido del agua en la central (CC BY)

     

    Muíños eólicos
    Muíños eólicos


      • As centrais eólicas converten a enerxía do vento en enerxía eléctrica. Moito máis limpa cás enerxías non renovables, as aspas dos eólicos compiten coas aves polo vento polo que en ocasións morren ao chocar contra as aspas.

    Paneis fotovoltaicos
    Andrewglaser. SoSie+SoSchiff Ansicht


      • O Sol tamén nos permite obter enerxía eléctrica de varias formas diferentes: paneis fotovoltaicos ou solar térmica. O principal produtor europeo de enerxía solar é Alemaña, un feito que demostra que nós temos moito potencial para aproveitar esta enerxía.

    Ocultar

    Orixe enerxía eléctrica 2017
    Orixe enerxía eléctrica en España 2017

     

    No ano 2017 en España a maior parte da enerxía que consumimos procedía de centrais nucleares, seguido moi de cerca pola enerxía eólica. A produción de renovables situouse por riba do 32 por cento do total como consecuencia da baixa produción hidroeléctrica polas secas.

    Ocultar

    Distribución da electricidade

    Unha vez sabemos de onde vén a enerxía, falemos de consumo.

    A enerxía eléctrica é cara, porque custa cartos na factura e porque contamina o planeta, pero tamén é imprescindible. Atendendo a esta cuestión hai unha cousa clara:

    A mellor enerxía é a que non se consume

    Porque sae máis barata e porque non contamina. Agora ben, podemos vivir con menos enerxía?

    • Mantés o televisor ou o ordenador en espera? Supoño que non será un problema desenchufalos. Apágaos e aforra.
    • Deixas os cargadores enchufados cando non os usas? Será porque che apetece pagar máis. Gastan menos pero gastan.
    • Apagas as luces cando hai suficiente luz natural? Se respondes que si, é que non che importa gastar.
    • Tes ben illada a casa? Porque polas ventás e as portas marcha a calefacción e despois andamos todo o día queixándonos de que vai frío.
    • Usas bombillas de baixo consumo? Supoño que se non as usas é porque non funciona ben a túa calefacción porque máis que dar luz as túas bombillas están dando calor.
    • Cantas veces abres a neveira ao día? Cada vez que a abrimos cambiamos a temperatura do interior e obrigamos a gastar enerxía.
    • ... Bótalle imaxinación e verás como aforras cartos e contaminación.