En caso de detectarse plaxio a cualificación do traballo será un 0.
| 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | |
| Entrega | Non entrega ou faino tarde sen xustificación. | Entrega máis de dous días tarde sen xustificación. | Entrega tarde con xustificación e un máximo de dous días fóra do novo prazo. | Entrega tarde con xustificación e dentro do novo prazo | A entrega realizouse no prazo acordado. |
| Estrutura | O traballo non cumpre a estrutura requerida. | Faltan máis da metade dos apartados. | Faltan menos de tres cuartas partes dos apartados. | Falta algún apartado. | Cumpre a estrutura requerida. |
| Ortografía | Non respecta as regras ortográficas. | Comete máis de dez faltas ortográficas. | Comete máis de cinco faltas ortográficas. | Comete entre cinco e dúas faltas ortográficas. | Comete un máximo dunha falta ortográfica. |
| Presentación | Pobre. Non incorpora imaxes, vídeos ou animacións. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuados á metade das preguntas. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuadas a tres cuartos das preguntas. | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuadas a máis de tres cuartos das preguntas pero non a todas | Incorpora imaxes, vídeos ou animacións adecuados a todas as preguntas. |
| Referencias | Non referencia ou referencia mal material empregado. | Referencia como máximo a metade do material. | Referencia tres cuartas partes do material. | Referencia máis de tres cuartos do material pero non todo. | Referencia de forma adecuada todo o material |
| Contido | O contido non son pertinentes ou non está relacionado co nivel e a materia estudadas. | Menos da mitade do contido é pertinente ou están relacionado co nivel e a materia estudadas. | Menos de tres cuartas partes do contido é pertinente ou está relacionado co nivel e a materia estudadas. | Máis de tres cuartas partes do contido é pertinente ou está relacionado co nivel e a materia estudadas. | Todos os contidos son pertinentes e relacionados co nivel e a materia estudadas. |
| Lugares na rede | Non hai selección de lugares na rede. | Os lugares na rede non están debidamente xustificados ou non son adecuados. | Dous terzo dos lugares na rede non son adecuados ou non están debidamente xustificados. | Un terzos dos lugares na rede non son adecuados ou non están debidamente xustificados. | Os lugares na rede son adecuados e están debidamente xustificados. |