Saltar navegación

Avaliamos a aprendizaxe

Albert Einstein
Albert Einstein (Dominio público)



Se non o podes explicar de forma sinxela é que non o entendiches ben.

Albert Einstein

 Poñamos en práctica o aprendido facendo un blog de divulgación científica que responda a preguntas da rúa sobre os temas estudados.

1. Discute esta cuestión co teu círculo máis próximo e selecciona cinco preguntas de cada tema que se podan responder co aprendido neles. Por exemplo:

  • Por que as aves non caen se moitas veces voan sen mover as alas?
  • Por que hai mareas máis fortes en lúa chea?
  • ...

2. Unha vez teñas as preguntas redacta unha resposta científica apoiándote na información que tes no recurso. A resposta debe ser sinxela e completa. Moito coidadiño co plaxio, non se pode copiar información doutros recursos posto que así non pos a proba a túa comprensión do tema. Busca toda a información adicional que queras pero redacta a túa propia explicación.

3. Busca unha imaxe, animación ou vídeo que ilustre a túa resposta. Por suposto respectando os dereitos de propiedade intelectual.

4. Publica a resposta nun artigo no blog da materia.