Saltar navegación

Corvos, miñatos e paxaros

Lemos a Ciencia

Galiñola
Galiñola


A maioría das aves son criaturas en constante movemento, extraordinariamente activas, de sentidos moi agudos e rapidez de reflexos. Un gabián, que atravesa un bosque a unha velocidade de 100 quilómetros por hora, realiza os seus movementos no ar coa rapidez do raio e cunha exactitude total

Frieder Sauer. Aves terrestres

 

Le o texto con atención e contesta as seguintes preguntas:

1. Busca unha imaxe dun gabián? Viches algún na natureza?
2. Cales son as características das aves que máis che chaman a atención?
3. Cantas aves diferentes coñeces?
4. Todas as aves son paxaros?

Pensamos a Ciencia

Gaivota chorona

Unha das aves máis comúns en Galicia é a gaivota. Sabes cantos tipos delas hai?

Pensamos a Ciencia

É o mesmo paxaro que ave?

Pensamos a Ciencia

As plumas valen para voar?

Pensamos a Ciencia

Asubiador americano
Asubiador americano, un visitante ocasional de Galicia

 

As aves viven sempre no mesmo sitio?

Pensamos a Ciencia

Por que moitas aves voan en forma de V?

Pensamos a Ciencia

Cullerete
O cullerete é un tipo de parrulo invernante en Galicia aínda que cada vez é máis frecuente velo como residente.

Por que migran as aves?

Pensamos a Ciencia

Cantos quilómetros poden chegar a viaxar as aves nas migracións?



Cerceta america
A cerceta americana distínguese da europea pola barra vertical de cor branca que se observa na imaxe. Este exemplar pasou un inverno no esteiro do Anllóns

As aves migratorias son un interesante recurso turístico xa que cada vez máis persoas viaxan perseguindo as grullas en Estremadura ou buscando os pasos das aves mariñas nas costas de Galicia. Un obxectivo especial deste turismo son as rarezas, aves que son desviadas das rutas migratorias por diversos motivos e rematan en lugares pouco habituais para elas. En Galicia temos a sorte de gozar dalgúns dos puntos máis interesantes para a observación de rarezas americanas. As fortes borrascas atlánticas atrapan en ocasións a aves migrantes nas costas américanas e as arrastran ás nosas. A lagoa de Baldaio ou o esteiro do río Anllóns reservan todos os anos sorpresas americanas para quen teña a paciencia de ir a observar. Nese sentido resulta moi práctica unha ferramenta da da Sociedade Galega de Ornitoloxía, o seu Catálogo de aves, que informa sobre observacións facilitando as visitas.

De que ave falamos?

Recoñecemos as aves