Meses despois, o 7 de xaneiro de 1948, o capitán da Forza Aérea norteamericana Thomas F. Mantell sufríu un accidente de aviación cando cría perseguir un ovni sobre a base aérea de Godman, en Kentaky. O piloto militar, que mandaba unha escuadrilla de P-51, perdeu o coñecemento tras ascender sen osíxeno a unha altura superior á tolerada polo seu organismo. O caza estrelouse e o piloto pasou á historia como a primeira "vítima" dos ovnis. Desgraciadamente, o que Mantell perseguía foi un enorme globo Skyhook empregado para para estudar os raios cósmicos e visible a máis de 20 quilómetros.
Ricardo Campo. Los ovnis ¡Vaya timo!
Le o texto e contesta as seguintes cuestións:
O proxecto Skyhook era secreto cando sucedeu o accidente polo que era lóxico pensar que se trataba dun artefacto extraterrestre. Ou había algunha outra explicación?
Como pode a Ciencia axudarnos a enfrontar estes misterios?
Nas redes sociais é cada vez máis frecuente atopar conspiranoicos, persoas que dubidan de calquera cuestión sen probas, só porque están intentando enganarnos: uns din que a Terra é plana, outros que nunca chegamos á Lúa... Afirmacións sen sentido nin probas que se inclúen no térmo "magufadas". Busca información sobre os magufos e as súas tolas afirmacións. Elixe unha e coméntaa cos compañeiros. Non esquezas darlle un perfil científico á túa explicación.
Viaxar polo Universo foi un desexo humano dende antigo. Aproximarnos ás estrelas e os planetas, pisar a Lúa ou a superficie dos cometas... Un soño convertido en realidade polas distintas misións de axencias espaciais como a NASA ou a ESA.
De todas as misións espaciais a única que rematou cun humano poñendo un pé na superficie dun corpo celeste foi o Programa Apolo. Foi no ano 1969 cando o Apolo 11 deixou sobre a Lúa a tres astronautas nunha expedición retransmitida a todo o planeta. Esta misión foi continuada con outras visitas ao noso satélite cada vez de maior duración e máis complexas nos obxectivos. Grazas ao Programa Apolo temos múltiples mostras de rochas lunares, datos e imaxes fundamentais para coñecer a nosa historia e a da Lúa e, a cambio a Lúa ten unha bandeira, un vehículo chamado rover lunar...
Os programas Apolo empregaban uns foguetes desebotables para transportar as cápsulas Apolo que eran as que levaban aos astronautas á Lúa e lles permitían volver á Terra.
"Calquera tecnoloxía suficientemente avanzada é indistinguible da maxia."
Esta afirmación do escritor Arthur C. Clarke é especialmente aplicable á exploración espacial. Resulta difícil de crer que sexamos capaces de facer caer despacio unha nave sobre un corpo que se move a cientos de quilómetros por segundo. Menos mal que a Ciencia non nos obriga a crer e dá probas de que esta tecnoloxía existe.
Proba a túa habilidade facendo aterrar unha cápsula na Lúa cun simulador.
Unha vez rematou o programa Apolo non volvimos a enviar humáns á Lúa. Foron cinco programas que permitiron aos astronautas pasear pola Lúa e recoller mostras luares.
Por que cres que non volveron?
Porque atoparon habitantes violentos e non se atrevían a regresar.
Porque non tiñas cartos para volver
Porque unha vez que xa estivemos non tiña sentido volver.
O estudo do Sol débese a varias misións entre as que destaca SOHO, unha misión conxunta da ESA e a NASA. Enviada no ano 1995 coa idea de facer unha misión de dous anos segue hoxe enviando datos da nosa estrela. Grazas aos datos enviados por SOHO comprendemos mellor as tormentas solares, fenómenos que poden provocar un apagón eléctrico, do GPS e das comunicacións.
Venus recibiu as sondas rusas Venera antes que ningún otro programa espacial. As primeiras destas sondas sufriron moitos problemas polos tremendos ventos que existen no planeta e remataron por chocar contra a superficie de Venus. En 1970, a Venera xa estaba deseñada para aterrar sobre o planeta e enviar imaxes dende a súa superficie.
Marte é o planeta máis cobizado polas misións espaciais. As súas características fan del un obxectivo tan atractivo que nos últimos anos incluso volve a estar en discusión unha posible misión tripulada a Marte. Spirit, Oportunity e Curiosity son os tres vehículos que a NASA enviou con éxito á superficie de Marte.
A durabilidade do Spirit e o Oportunity, deseñada para durar ata o ano 2012 e que hoxe segue enviando datos, está sendo moi superior ao esperado. Curiosity foi o último en chegar e está preparado para percorrer máis distancias que os dous rover anteriores.
Sendo o planeta exterior máis próximo, é tamén o que máis misións espaciais recibiu. Así e todo, non é Xúpiter o único obxectivo da maioría das misións xa que os seus aneis e satélites tamén recibiron visitas espaciais. De todas elas a sonda Galileo foi a única que entrou na atmosfera de Xúpiter.
Actualmente a misión Juno está en órbita ao redor de Xúpiter enviando datos sobre o planeta. Precisamente a cantidade de datos que recibe a NASA é tan importante que piden a colaboración de todos nós para decidir sobre as imaxes que deben ser estudadas e as que non proporcionan datos importantes.
Colabora coa NASA neste proxecto de Ciencia cidadá para filtrar imaxes de Xúpiter. (Enlace)
Se tes problema co inglés seguro que algún profesor pode botarte unha man. E ademais, o inglés é o idioma da Ciencia e hai que ir aprendéndoo, aínda que sexa pouco a pouco.
NASA. PIA06071 modest(Dominio público) Imaxe de Titán enviada pola sonda Cassini-Huygens.
Dende Saturno aos límites do Sistema Solar
Saturno foi estudado especialmente pola sonda Cassini que, ademais de aproximarse no interior dos aneis de Saturno, realizou varias órbitas ao redor dalgunhas das lúas do planeta. Cassini tamén servía de vehículo para a sonda Huygens cuxa misión era entrar na atmosfera de Titán, o maior satélite de Saturno, e pousar sobre el.
O estudo dos planetas exteriores a Saturno está aínda nos inicios. A misión New Horizons enviounos as primeiras imaxes de Plutón e do seu satélite Caronte para seguir despois cara aos confíns do Sistema Solar. Especialmente interesante é o caso da sonda Voyager. Foi a primeira en enviarnos imaxes de Urano e Neptuno nos anos oitenta do século pasado e segue hoxe proporcionando información dende máis aló de seis veces a órbita de Neptuno, o planeta máis exterior. As sondas Voyager levan un disco con imaxes e sons terrestres por se contactan con civilizacións extraterrestres na súa viaxe polo espazo exterior. Nesta páxina podes ver como se van distanciando de nós e introducíndose no espazo profundo.
Deixamos para o final un conxunto de misións espaciais que non tiñan como finalidade viaxar lonxe, senón proporcionar datos dende o exterior da Terra tanto dela como do resto do Universo. A máis coñecida destas misións permitiu poñer en órbita o telescopio espacial Hubble, unha ferramenta que permite ver o espazo sen os problemas da atmosfera terrestre.
Como acabamos de ver, moitas e moi exitosas son as misións espaciais que conseguimos levar adiante nos últimos anos. Con todo, esta historia tamén inclúe importantes e sonoros fracasos que é interesante non esquecer.
Mellor caer despacio. A misión Genesis colleitou partículas de vento solar ata que chegou o momento de volver á casa. E fíxoo, pero algo máis rápido do que debía xa que un dos paracaídas da sonda fallou e, esta rematou estrelándose contra o chan. Aínda así, algúns restos de vento solar puideron salvarse e están estudándose nos laboratorios.
Necesita gafas. A posta en órbita do telescopio espacial Hubble foi todo un acontecemento. Por fin iamos ver o Universo sen as interferencias da atmosfera. Non obstante, as imaxes eran moito peores do esperado debido a un fallo na lente do telescopio. Ningún problema, poucos anos despois do lanzamento do telescopio enviamos unha misión de reparación que arranxou a lente e mellorou a visión do Hubble.
Vai moito calor. A sonda Mariner 10 tivo un pequeno problema co Sol, a sonda quentábase moito e perdía pequenos anacos. Como consecuencia deste problema bloqueábase o sensor de posición e por momentos a Mariner 10 non sabía onde estaba.
Socorro! A Beagle 2, enviada no ano 2003 a Marte, tivo un problema de aterraxe. O Beagle caeu dentro dun pequeno cráter e quedou cuberto polo paracaídas e incapaz de saír del.
Suspendendo Física. A Mars Climate Orbiter foi un dos fracasos máis curiosos das misións espaciais posto que se fixeran iso nun exame de secundaria estarían suspensos. A misión fracasou porque confundiron millas con quilómetros e a sonda rematou destruíndose coa atmosfera de Marte.