O curso virtual consta dos seguintes apartados nos que se traballan distintos aspectos:
-
As aves, prodixios da natureza. Breve introdución ás aves e ás migracións que realizan. Na proposta anterior, “O océano, a última fronteira” xa se realiza unha aproximación máis completa ao concepto, importancia e clasificación da biodiversidade.
- Entre o ceo, a auga e a terra. Estudo dos factores que afectan ás rutas migratorias das aves:
-
-
Sucando o ceo. A atmosfera: características e dinámica. Préstase especial atención ao tempo atmosférico. Tamén inclúe un apartado que desenvolve as principais agresións humanas á atmosfera.
-
Co compás na cabeza. Estudo da Terra dende a perspectiva xeolóxica. Partindo do magnetismo terrestre analízase a estrutra da Terra, a súa composición, minerais e rochas, minería e recursos enerxéticos.
-
Guiados polas estrelas. Estudo da astronomía: o Universo, o Sistema Solar, o Sol, a Terra e a Lúa e as misións espaciais.Incorpora unha breve guía para a observación do ceo nocturno.
- Camiños de vento e auga. Análise das augas doces e as zonas húmidas como ecosistema fundamental para o mantemento da biodiversidade. Inclúe o estudo da agresións ás augas continentais.
-
-
-
Facendo a Ciencia. Proposta de proxectos de investigación sinxelos: Control de variables, recollida de información, elaboración de informes e conclusións. Neste apartado incluiranse propostas de traballo en Ciencia Cidadá ao mesmo tempo que se promoverá a produción por parte dos alumnos dos seus propios proxectos científicos, incluíndo propostas de Ciencia Cidadá propias empregando ferramentas sinxelas como Epicollet ou Appinventor.
- Os científicos do ceo e a terra. Proposta de investigación sobre algúns dos científicos máis relevantes na investigación da atmosfera ou a astronomía: Jocelyn Bell, Gaspar-Gustave Coriolis... Traballaremos neste apartado a busca de información no océano da Internet intentando evitar a que os nosos alumnos, nativos dixitais, se convertan en náufragos na información.
-
Voando sobre a literatura. Literatura de divulgación científica, novela, artigos científicos... A comprensión lectora resulta fundamental para o desenvolvemento integral dos alumnos e as materias de Ciencias non debemos volver as costas ao desenvolvemento desta. Nesta ocasión proporemos aos alumnos unha serie de lecturas adaptadas á súa idade para que as comenten e recomenden.
-
Distintas miradas aos ceos. Materiais para atender á diversidade na aula. Preséntanse ferramentas para atender a diversidade na aula organizada nos seguintes apartados:
- Corvos, miñatos e paxaros.
- Flotando no ar.
- Cos pés na terra.
- Un paseo polas estrelas.
- Ríos, fontes e regatos.
- Corvos, miñatos e paxaros.
- Bibliografía.