Que é un podcast?
Un podcast é un formato de comunicación dixital composto por varios episodios de audio que se poden escoitar en calquera momento e lugar, utilizando dispositivos como móbiles, ordenadores ou tabletas. A diferenza da radio convencional, os podcasts non se transmiten en directo, senón que se gravan antes e despois publícanse en Internet, permitindo que as persoas os escoiten cando desexen.
Os temas tratados nos podcasts son moi variados, incluíndo contos, entrevistas, ciencia, música, deporte, humor, educación ou relatos de medo. A súa ampla gama de contidos e accesibilidade convérteos nun dos medios máis populares na actualidade.




Lectura facilitada
Un podcast é un audio que podes escoitar.
Escoitase no móbil, ordenador ou tableta.
Non é en directo. Grávase antes.
Pódese escoitar en calquera momento.
Hai podcasts de moitos temas:
Contos.
Música.
Entrevistas.
Ciencia.
Deporte.
Medo.
Escola.
É moi fácil escoitalos e hai para todos os gustos.



























