Adentrándonos nos xéneros discursivos
Os xéneros discursivos son diferentes xeitos de comunicación que se empregan para expresar ideas e sentimentos. Cada un destes xéneros ten características propias en canto a contido, estilo verbal e estrutura.
Deste xeito, resulta doado identificar a simple vista unha entrevista ou unha novela, tan só vendo a forma na que están escritas.
Cada xénero discursivo ten unhas características propias e uns códigos de linguaxe moi concretos, que transmiten a mensaxe de formas moi diferentes, en función de quen sexa a persoa coa que se manteña a comunicación e o que se queira contar.



Lectura facilitada
Xéneros discursivos
Son formas de comunicar ideas e sentimentos.
Cada un ten características propias no contido, estilo e estrutura.
Cada xénero usa linguaxe diferente dependendo de quen comunica e o que se quere contar.
Aínda que falemos a mesma lingua, a maneira na que compartimos as nosas ideas varía dependendo de factores como o lugar ou a situación na que nos atopamos. É por isto polo que os xéneros discursivos se poden clasificar segundo o eido comunicativo no que se empreguen.
Eido persoal
Neste ámbito a comunicación está centrada nas relacións entre persoas próximas, como a familia ou os amigos e amigas.


Os xéneros discursivos son máis informais e privados, como cando se contan historias persoais, cando se fan preguntas ou se expresan sentimentos.


Poden ser conversas ou mensaxes breves, como cartas ou notas, onde se busca unha comunicación máis directa e emocional.


Eido educativo
Neste caso, a comunicación está enfocada ao proceso de ensino e aprendizaxe.


Os xéneros discursivos neste contexto son, por exemplo, explicacións, presentacións, exposicións, debates ou redaccións.


A linguaxe é máis formal e precisa, xa que o obxectivo é transmitir coñecemento de forma clara e que o alumnado poida entender e aprender.

Eido social ou público
Neste caso, a comunicación é máis ampla e está orientada á interacción con grupos máis grandes ou na sociedade en xeral.

Aquí atópanse as entrevistas, as noticias, os discursos públicos ou as charlas informativas.



Aínda que tamén pode ser informal, a linguaxe é algo máis estruturada, porque está destinada a un público diverso e pretende transmitir información.


.png)
Lectura facilitada
Eido persoal
Comunicación entre persoas próximas.
Eido educativo
Comunicación para ensinar e aprender
Eido social ou público
Comunicación para grupos grandes.