Saltar navegación

4.2 Os nosos retos

Mans á obra

Chegou o momento de facer o traballo final coas ideas e información que fostes recollendo. 

Antes de dicir que está rematado, é moi importante revisalo todo con coidado, evitando así erros, e conseguindo que quede perfecto. 

Deberás, canda o teu grupo, comprobar: 

  • Ortografía: que as palabras estean ben escritas, sen faltas. 

Ben

  • Estrutura do texto: que o texto estea ben organizado, con títulos, apartados e ordenado. 

Texto

  • Claridade das explicacións: que se entenda ben o que queremos contar e que non quede ningunha dúbida. 

Revisar

  • Deseño e presentación: que as cores, os debuxos, as imaxes e os títulos estean ben colocados e sexan bonitos e agradables á vista. 

Escola de deseño gráficoFavorito


Neste apartado preséntanseche os retos posibles a elaborar. Fai clic no escollido e terás toda a información precisa para a súa elaboración.

Ánimo! Vai saír xenial! 

Facer clic

Lectura facilitada

Toca facer o traballo final

Agora toca facer o traballo final coas ideas e información que xa buscastes.

Antes de dicir que está listo, hai que revisar todo con coidado.

Así evitamos erros e o traballo queda moi ben feito.

Canda o teu grupo, comproba:

Ortografía

As palabras están ben escritas, sen faltas.

Estrutura do texto

O texto está ordenado, con títulos e apartados.

Claridade

O que escribides enténdese ben.

Deseño e presentación

As cores, os debuxos, as imaxes e os títulos están ben postos.

Todo debe quedar bonito e agradable.

Agora verás os retos que podes facer.

Fai clic no que máis che guste.

Alí terás toda a información para facelo.

Ánimo! Vai quedar xenial!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)