As boas instrucións
Dar boas instrucións é moi importante porque axuda a que as persoas comprendan o que teñen que facer sen cometer erros. Imaxina que queres facer un xogo ou construír algo, e as instrucións que che dan son confusas ou incompletas.
Seguramente non saberías por onde comezar ou acabarías facendo algo mal, e iso faría que todo fose máis difícil ou frustrante.
Cando as instrucións están ben explicadas, as persoas poden seguir os pasos de maneira clara e sen dúbidas.
Isto fai que o traballo sexa máis fácil e que se logren mellores resultados. Se alguén che pide que fagas algo e as instrucións non son boas, é posible que o produto final non sexa como esperabas. Asemade, se non hai instrucións claras, pode que te sintas perdido ou perdida ou non saibas que facer a continuación.
Por iso, é importante que se expliquen con detalle e en orde para que os demais non teñan dúbidas.




Lectura facilitada
Dar boas instrucións é importante.
Así, as persoas saben o que teñen que facer.
Se as instrucións son malas, podemos equivocarnos.
Se son boas, todo é máis fácil.
Axudan a facer as cousas ben e sen dúbidas.
Por iso, deben explicarse con detalle e por orde.
Audio
O que tan sinxelo parece...
Estás seguro ou segura de que sabes dar instrucións con claridade? De que se lle tiveses que indicar paso a paso a algún amigo ou a algunha amiga o que tes que facer, non cometerías ningún erro?
Presta moita atención ao exemplo que se che presenta a continuación.
Confía en que pronto dominarás as instrucións!
Lectura facilitada
Dar instrucións boas é moi importante.
Imaxina que queres xogar ou construír algo.
Se as instrucións son difíciles ou faltan pasos, non saberás como empezar.
Se as instrucións están ben explicadas, todo é máis doado.
Se alguén che pide facer algo e non cho explica ben, é posible que o resultado non sexa o que esperaba.
As instrucións deben ser claras e explicadas pouco a pouco con todos os detalles.



















