Saltar navegación

4.1 Poñendo as cousas claras

Toca reflexionar

Así é, compañeiro ou compañeira, estás chegando ao fin deste gran tema, e é o momento de que te centres no máis importante: o reto final. 

Neste punto catro será onde o leves a cabo pero, para iso, terás que poñerte de acordo cos teus compañeiros e compañeiras para decidir por cal vos decantades. 

Recordas que se falou dos 3 retos no apartado 1.2 deste tema? Bótalle unha ollada para refrescar a memoria. 

Traballo en grupo

Enfoque multinivel

As diferentes opcións a elaborar son:

  • Opción 1: o xornal de aula en formato físico onde se inclúan cousas de interese da clase, da escola e da vida diaria, mesmo dando pé á creatividade a través da elaboración de contos e outras narracións.
  • Opción 2: o noso xornal de aula en formato dixital onde se inclúan elementos similares ó formato físico, pero facendo uso das ferramentas dixitais que están ó alcance do alumnado.
  • Opción 3: a nosa revista dixital onde, ademáis de textos e imaxes, se poderán engadir sons, vídeos e enlaces que farán o reto moito máis interactivo e divertido.

Cal será o reto final?

Pregunta

Como parte do grupo que formas, tanto ti como os teus compañeiros e compañeiras, tendes dereito a votar e escoller o reto que máis vos guste. 

Recorda que, nel, terás que aplicar todo o traballado nos apartados anteriores, e deberás implicarte e dar o teu cento por cento, pois sen a participación e o ánimo de todos e todas, isto non poderá saír adiante. 

A continuación, tes os tres posibles retos. 

Sen presión ningunha, escolle aquel que máis chame a túa atención, aquel que máis te motive, aquel que queiras levar a cabo. 

O máis votado será o que se desenvolverá neste apartado.

Recorda! Non te desanimes se o teu non é o escollido. Sempre terás a oportunidade de levalo a cabo noutro momento. 

ElixirParticiparVotar

Respostas

Xornal en formato físico

Xornal en formato dixital

Revista en formato dixital

Retroalimentación

Traballando en equipo

A partir deste momento traballar en equipo será máis importante que nunca. A cada grupo asiganaráselle unha sección do xornal ou da revista, en función do reto que se escollese na clase. 

Cada persoa que o conforme deberá contar cun rol dentro do equipo, pois así o traballo será máis fácil, organizado e divertido!

É ben sabido que en ocasións nos toca adoptar tarefas que non son do noso agrado. Dentro do teu grupo, trata de que todos e todas estean contentos cos seus roles pero, no caso de non ser así, fala as cousas que seguro que falando aforrades moitas discusións innecesarias. 

ContentoFalar á vezTraballo en grupo

Rol a adoptar

Velaquí tes os posibles roles que podes adoptar: 

Lectura facilitada

Investigador ou investigadora

É a persoa que busca información e imaxes.

Pode buscar en Internet, pero non todas as páxinas son fiables.

Por exemplo, Wikipedia non é segura.

Para buscar imaxes, é mellor usar Arasaac, que ten debuxos chamados pictogramas.

Son fáciles de entender e calquera pode usalos.

Se che toca este traballo:

Busca información fácil e imaxes claras.

Axuda o grupo a entender mellor o tema.

Redactor ou redactora

É a persoa que escribe o traballo.

 Non estás só ou soa, pois os teus compañeiros e compañeiras poden axudarte.

Podes escribir de dúas formas:

Usar a folla do grupo, onde están as ideas.

Escribir no ordenador, usando LibreOffice Writer.

Deseñador ou deseñadora

Se che tocou este rol, é porque es moi creativo ou creativa.

O deseñador ou deseñadora decide como vai quedar o traballo final.

Non estás só ou soa!

Todos e todas no grupo dan ideas e opinan.

Como deseñador e deseñadora, escolles: 

As cores.

Os títulos.

Onde poñer as imaxes. 

Os debuxos.

Se facedes o traballo no ordenador, podes usar LibreOffice Draw.

Se facedes o traballo en papel, podes usar: 

Rotuladores.

Ceras de cores.

Follas de cores.

Adhesivos.

O máis importante é que o traballo quede: bonito, ordenado e fácil de ler. 

Coordinador ou coordinadora

É a persoa que organiza o traballo do grupo. Non é o xefe ou a xefa!

O que tes que facer:

Anotar quen fai cada cousa.

Escribir as ideas do grupo.

Comprobar se se fan ben os pasos.

Podes usar un caderno ou unha folla para escribir todo e non esquecer nada.

Tamén debes:

Axudar os compañeiros e compañeiras.

Facer que o grupo estea organizado.

Asegurarte de que o traballo se remate a tempo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)