Saltar navegación

Debatendo na primaria

Escribir antes de falar?

Cando se fala de argumentar, o primeiro que adoita aparecer na cabeza das persoas é a palabra oral, é dicir, expresarse oralmente. 

Pero, como imaxinarás despois de todo o que aprendiches neste tema, a palabra é importante, xa non só a oral, senón tamén a escrita. 

Por iso mesmo, antes de pasar a argumentar e a debater, nas seguintes actividades aprenderes a elaborar á perfección un texto argumentativo, e a defendelo como debe ser. 

Non te preocupes, que atoparás todas as solucións ás posibles dúbidas que che poidan xurdir e, senón, xa sabes que o teu mestre ou a túa mestra está sempre á  túa disposición. 

Falar en públicoFalar á vez

Lectura facilitada

Cando falamos de argumentar, pensamos moito en falar en voz alta.

Pero, como xa sabes, a palabra tamén é importante por escrito.

Antes de comezar a argumentar ou debater, vamos aprender a facer ben un texto argumentativo e a defendelo.

Non te preocupes, se tes dúbidas, o mestre ou mestra sempre pode axudarte.

O noso club de debate

Un club de debate é un grupo de persoas que se agrupan para debater sobre temas de interese e dar a súa opinión. Esas opinións, como é evidente, deben defenderse con argumentos que estean ben xustificados. 

Non se pode falar ao azar, hai que organizarse dun xeito especial: hai un tema que tratar e as persoas que participan téñense que dividir en dous grupos, onde cada un deles adopta unha postura diferente (uns están a favor do tema e os outros en contra). 

Cada grupo deberá defender a súa idea con razóns e argumentos. 

O importante nun debate nunca será quen máis berre, senón quen mellor explique as súas ideas, quen convence os demais con argumentos ben pensados e quen sabe escoitar e respectar a opinión dos outros. 

Compartir unha ideaNonBerrar

Lectura facilitada

Un club de debate é un grupo de persoas.

Falan sobre un tema.

Unhas están a favor.

Outras están en contra.

Cada grupo di as súas razóns.

Non se pode berrar.

Hai que explicar ben.

Tamén hai que escoitar e respectar.

Como funciona un club de debate?

Distribución da clase en grupos

A clase deberá ser dividida en grupos de 4 persoas. Os grupos serán elaborados ao azar, facendo uso dalgunha aplicación de elección que se poida atopar en Internet ou dunha man inocente, que vaia sacando nomes dun bote ata conformar os grupos de debate. 

DividirGrupo

Elección do tema

Neste caso será o ou a docente quen che propoña, nas seguintes actividades, a elección do tema a debater. O que saia gañador, será o elixido. 

Dado que a clase será dividida en seis grupos, tres deberán ser os temas de debate escollidos. 

Entón serán sorteados para saber a que grupo lle corresponde cada tema. 

ProfesoraElixir

Organización do debate

O debate terá comezo coa realización dun sorteo por parte do titor ou titora onde se decidirá se o grupo que participa estará a favor ou en contra, 

SiNon

Organización do grupo

Cos grupos claros, chega o momento de dicir que dous membros optan pola defensa a favor do tema e que outros dous por poñerse en contra.

No caso de que exista algún problema para a elección, esta será realizada por sorteo que fará o mestre ou mestra para evitar discusións innecesarias. 

Decidir NonProfesora

Organización do grupo II

Unha vez teñamos claros os grupos a favor e os grupos en contra, chega o momento de que cada membro do grupo adopte unha función. 

Estás preparado e preparada para saber cales son esas funcións?

Presta moita atención ao seguinte punto!

DiálogoTraballo em grupoTraballo cooperativo

Xuíces e xuízas

Os grupos debaterán dous contra dous, polo que os outros dous grupos que queden sen participar serán quen, tras reflexionar e escoitar con moita atención as palabras dos seus compañeiros e compañeiras, voten da forma máis neutral, polo grupo gañador. 

XuízNeutralXuíza

Lectura facilitada

Grupos

A clase fará grupos de 4 persoas.

Farase ao azar.

Temas

A mestra propón temas.

A clase vota 3 temas.

Sortearase cal toca a cada grupo.

Debate

Sortearase quen está a favor e quen en contra.

No grupo

Dúas persoas a favor.

Dúas en contra.

Se hai problemas, sortéase.

Funcións

Cada un terá unha función.

Explicarase despois.

Xuíces e xuízas

Os que non debaten escoitan.

Logo votan quen gañou.

Funcións dentro do grupo

Traballo

Orador e oradora

  • O orador ou oradora é a persoa que fala en nome do seu grupo durante os debates. É quen explica as ideas e os argumentos que prepararon todos xuntos. 
  • Non inventa nada no momento, senón que di as razóns que acordou co seu equipo para convencer os demais da súa posición (a favor ou en contra). 
  • Cando o debate chega ao seu fin, o orador ou oradora fai unha última intervención onde recolle as ideas máis importantes.
  • Finalmente realiza un último comentario que, en xeral, é unha oración ou un dito acorde á súa defensa que deixa marca e que tende a reforzar os argumentos do seu grupo. 

ImaxinaciónNonAcordar

Defensor e defensora

  • Un defensor ou defensora é a persoa que dentro do grupo se encarga de dar resposta ás ideas e aos argumentos do equipo contrario. 
  • Escoita con atención as ideas e os argumentos do orador do equipo contrario e, mentres, elabora o seu discurso no mesmo momento, comentando cos seus compañeiros e coas súas compañeiras cales poderían ser as mellores palabras. 
  • Non insulta nin se enfada, só busca e achega probas para demostrar que os argumentos do outro equipo non son tan correctos ou para defender mellor a súa postura.

DefenderPúblicoNonInsultar

Lectura facilitada

Orador ou oradora

Fala polo grupo.

Conta as ideas preparadas.

Ao final, resume o máis importante.

Di unha frase final.

Defensor ou defensora

Escoita ao outro grupo.

Responde coas súas ideas.

Non insulta nin se enfada.

Busca razóns para defender o seu grupo.

Que facer se me toca ser o orador ou a oradora do meu grupo

Que

Se che toca terás que ser a primeira persoa en intervir no debate, especialmente se o teu grupo é o seleccionado como número un. Por iso, deberás preparar un pequeno texto para presentar o tema e explicar a opinión dos teus compañeiros e compañeiras, xunto coa túa. 

PrimeiroTexto

Que debe levar o teu texto?

Un saúdo ao público e aos xuíces e xuízas

Sempre é importante comezar con educación. 

Saúdo

Velaquí tes un posible exemplo: 

“Bo día a todos e a todas, aos membros do xurado, aos compañeiros e compañeiras, e ao equipo contrario. É un pracer para min estar aquí hoxe”.

Presentación do tema de debate

Explica do que vas falar. 

Presentar

Como exemplo, tes: 

“Hoxe imos debater sobre se se deberían talar máis árbores para crear máis cidades.”

Di a opinión do teu equipo (a favor ou en contra)

Explicación do que se vai defender, e cal vai ser o fío condutor do teu grupo. 

Explicar

Por exemplo: 

“O noso equipo está a favor, porque pensamos que a construción de cidades, debido ao aumento de poboación, é máis importante que a presenza das árbores”.

Di as razóns principais (sen explicar todo aínda)

Avanza as ideas que iredes defender no debate.

Importante

Exemplo:

“As nosas razóns son que a poboación é cada vez maior e non todo o mundo ten unha casa na que descansar.”

Peche e desexo do debate

Remata con educación e ganas de participar.

Rir

Exemplo:

“Grazas por escoitarnos, desexamos un bo debate a todos e todas.”

Fin do debate

Final

Cando todos os membros dos dous grupos interveñan, chega a hora de dar por finalizado o debate. Para iso deberás elaborar un pequeno texto onde se recollan as ideas máis importantes mencionadas, e declares que o teu grupo foi o que achegou os argumentos máis destacables.

Exemplo de posible documento de orador ou oradora


Bo día a todos e todas. Grazas aos membros do xurado, ao público, aos compañeiros e compañeiras e ao equipo contrario.

Hoxe imos debater sobre se deberiamos cortar máis árbores para construír máis edificios.

O noso equipo está a favor, porque pensamos que é necesario facer máis casas, escolas, hospitais e edificios para que as persoas poidan vivir mellor.

As razóns principais polas que defendemos isto son as seguintes:

  1. Cada vez hai máis xente no mundo e fan falta máis casas e lugares para vivir.
  2. Construír máis edificios permite facer hospitais e colexios onde as persoas poidan recibir axuda e estudar.
  3. Se se cortan árbores de maneira controlada e se plantan outras no seu lugar, pódese construír sen danar demasiado a natureza.

Nas intervencións seguintes, os meus compañeiros e compañeiras explicarán estas razóns con máis detalle.

Moitas grazas e desexamos un debate respectuoso e interesante para todos e todas

Que facer se me toca ser o defensor ou a defensora do meu grupo

Que

Se che toca ser o defensor ou defensora, a túa tarefa é escoitar con atención o que di o equipo contrario e logo preparar un texto para responder aos seus argumentos explicando por que non estás de acordo e defendendo a túa postura.

Que debe levar o teu texto?

Saúdo ao público e aos xuíces e xuízas

Comeza con educación.

Saúdo

Exemplo:

“Bo día a todos e todas. Grazas ao equipo contrario polas súas ideas.”

Recordar a postura do teu equipo

Dille a todos cal é a vosa postura.

NonSi

Exemplo:

“Lembramos que o noso equipo está en contra de que se corten máis árbores para elaborar máis cidades”

Refuta os argumentos do outro equipo (di por que non estás de acordo)

Escolle algunhas das ideas que dixeron e explica por que pensas que non son correctas.

Compartir unha idea

Exemplo:

“O equipo contrario dixo que a poboación estaba en aumento e que era moi importante a construción de novas edificacións”.

Lembra as túas razóns

Volve dicir cales son as razóns do teu equipo.

Traballo en grupo

Exemplo:

“Nós seguimos defendendo que a tala imparábel de árbores pode ser perigosa, podendo chegar a crear unha problemática a nivel mundial".

Peche e desexo de bo debate

Remata con educación.

Rir

Exemplo:

“Grazas por escoitarnos. Seguimos desexando un debate interesante e respectuoso.”

Recorda que deberás intervir dúas veces e que, polo tanto, o teu texto defensivo variará en función de cal sexa a resposta do equipo contrario. 

Importante!

Importante

  • Escoita moi ben o que di o outro equipo para poder responder.
  • Fala con calma e claro.
  • Respecta sempre a opinión dos demais, aínda que non esteas de acordo.
     
     
     

Exemplo de posible documento de defensor ou defensora


Bo día a todos e todas. Grazas ao equipo contrario polas súas ideas, que nos parece importante escoitar.

Lembramos que o noso equipo está en contra de cortar máis árbores para construír máis edificios.

O equipo contrario dixo que hai que facer máis casas e hospitais, pero nós pensamos que se se cortan demasiadas árbores, o mundo quedará sen bosques e iso é moi perigoso para todos e todas.

As árbores son necesarias para que haxa aire limpo, para que os animais teñan onde vivir e para evitar que o solo se estrague. Se seguimos cortando, haberá máis contaminación e problemas para o planeta.

Ademais, hai outras maneiras de construír sen cortar árbores, como aproveitar espazos baleiros ou facer edificios máis pequenos.

Por todo isto, pensamos que non deberiamos cortar máis árbores para construír máis edificios.

Grazas por escoitarnos e seguimos desexando un debate divertido e respectuoso.

Intervencións no debate

Por onde comezar

Un club de debate non é algo sinxelo e formar parte dun, moito menos.

  • O primeiro que debes facer xunto cos teus compañeiros e compañeiras será escoller un nome para o teu equipo. 
  • Unha vez o teñades claro, levarase a cabo a elección dos temas. Como xa liches con anterioridade, proporanse oito temas, e deses oito, só catro serán elixidos. 
  • O seguinte punto e sortear os temas entre os diferentes grupos. 
  • Unha vez saibas que tema che corresponde, deberás falar cos membros do teu grupo para decidir que dúas persoas defenderedes a idea a favor e que outras dúas defenderán a idea en contra, 
  • Con isto claro, chega o máis difícil: quen será o orador ou oradora e o defensor ou defensora? Iso é algo que deberedes decidir con calma, tendo en conta as fortalezas de cada un dos membros do grupo. 

EscollerNomeEquipoDecidirAvogado defensorTécnicas para falar en público

Lectura facilitada

Un club de debate non é doado e formar parte dun tampouco.

Primeiro, o teu grupo debe escoller un nome.

Despois, elixir os temas.

Hai oito temas, pero só catro serán escollidos.

Logo, sortéanse os temas entre os grupos.

Unha vez coñezas o tema, falarás co grupo para decidir quen defenderá a favor e quen en contra.

Por último, debedes decidir quen será o orador e quen o defensor.

Pensade quen pode facer mellor cada traballo.

Escollemos 4 temas de debate

Pregunta

1. Deberían os nenos e as nenas ter móbil antes dos 12 anos?

NenosMóbil12

Respostas

Si

Non

Pregunta

2. As tarefas para a casa deberían desaparecer?

Tarefas para a casaDesaparecer

Respostas

Si

Non

Pregunta

3. Deberían os nenos e as nenas ver a televisión ou xogar a videoxogos todos os días?

NenosMando da consolaVer a televisiónDía

Respostas

Si

Non

Pregunta

4. Deberíanse eliminar os exames no colexio?

NonExameEscola

Respostas

Si

Non

Pregunta

5. As máquinas poderían substituír as persoas no traballo no futuro?

XeradorPersoa

Respostas

Si

Non

Pregunta

6. Os nenos e as nenas deberían poder conducir dende os 15 anos?

NenosConducir15

Respostas

Si

Non

Pregunta

7. Cada país debería ter as súas propias normas ou todos deberían cumprir coas mesmas?

NormasMundo

Respostas

Si

Non

Pregunta

8. Se puideres viaxar no tempo, sería mellor ir ao pasado ou ao futuro?

ViaxarTempoPasadoFuturo

Respostas

Si

Non

Activar JavaScript

Resumindo o noso traballo

Repasamos o que levamos feito!

Lectura facilitada

Vou falar co meu equipo.

Vou decidir que papel ten cada un de nós.

Sei que todos e todas somos bos en algo.

Cada un e cada unha ten as súas fortalezas.

Falarei con calma cos meus compañeiros.

Cando o equipo o teña claro, dirémosllo á mestra.

Unha vez que decidamos, é hora de buscar en Internet.

Teño que lembrar que non todo en Internet é verdade.

Debo ser intelixente e escoller ben os textos e imaxes.

Serán para defender as miñas ideas.

Agora, o orador ou a oradora ten que preparar o seu texto.
Os que defenden a idea deben buscar información en Internet.

Tamén deben axudar os seus compañeiros e compañeiras en todo o que poidan.

Eu escribirei usando programas como o LibreOffice.

Será para o meu discurso ou a miña defensa.

Despois, o debate vai empezar.

Cando o debate remate, é hora de decidir quen gañou.
Isto é se eu non participei no debate.

Para iso, terei unha rúbrica.

A rúbrica axudarame a decidir quen o fixo mellor.

Debo ser xusto ou xusta e imparcial.

Teño que usar a rúbrica para os dous grupos.

Rúbrica

Rúbrica para avaliar un debate argumentativo
 Nivel 1. Moi mellorableNivel 2. MelloranleNivel 3. BenNivel 4. Moi ben
Introdución do argumentoNon presenta o tema ou non expresa a súa opinión. (2.5)Explícase o que se describe, pero sen moita claridade ou interese. (1.75)Presenta o tema e a súa opinión con claridade. (1.50)Introduce o tema de forma clara, interesante e con opinión ben definida. (1.25)
Argumentos e exemplosNon dá razóns claras nin exemplos. (2.5)Dá razóns, pero pouco explicadas ou sen exemplos. (1.75)Usa razóns claras e algunhas probas ou exemplos. (1.50)Usa varios argumentos sólidos, con exemplos ou comparacións convincentes. (1.25)
Habilidade para convencer / expresarseFala sen confianza ou non se entende ben. (2.5)Fala con certa claridade pero sen convencer moito. (1.75)Exprésase ben e con seguridade razoable. (1.50)Fala con seguridade, claridade e convence con razóns e entusiasmo. (1.25)
Escoita e responde ao outro ou á outra..Non escoita nin responde ao que din os demais. (2.5)Escoita pero non responde con argumentos. (1.75)Responde dalgunha maneira ao que din os demais. (1.50)Escoita con atención e responde con argumentos ben pensados e respectuosos. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica para avaliar un debate argumentativo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)